Home A Coruña Os Gobernos de Arteixo, Culleredo, Cambre e Sada teñen paralizados 5 millóns...

Os Gobernos de Arteixo, Culleredo, Cambre e Sada teñen paralizados 5 millóns de subvencións provinciais

- Anuncio -

Os concellos de Arteixo, Culleredo, Cambre e Sada teñen obras financiadas pola Deputación sen contratar nin xustificar por un importe de 4,9 millóns de euros, algún caso pendentes de realizar desde 2018. Son datos que aportou o deputado provincial de Alternativa, Ángel García Seoane, quen calificou de “escandalosa” a situación.

No caso de Arteixo as obras sen xustificar son dos anos 19, 20 e 21. Un Concello cun grande número de traballadores, pero que mantén paralizadas importantes obras como o Paseo Fluvial de Rañal, a urbanización da rúa Arsenio Iglesias, a senda peonil de Laxobre, a rede de auga potable na Travesía de Oseiro e a senda peonil de Coque a Igrexario de Larín. En total, Arteixo ten 1.471.000 euros sen xustificar ante a Deputación, con algunha obra incluso sen contratar, como a senda de Larín.

No caso de Culleredo, as obras sen xustificar, son do 2018 e 2021, e acadan 1.013.000 euros. Algunha delas sen contratar 5 anos despois de recibir o financiamento provincial, como a polideportiva do Parque Europa, que permanece tirada no parque despois de que un vendaval o derrubase.

En Cambre hai obras sen contratar ou xustificar por 1.142.000 euros desde o 2019 ao 2021 e en Sada as obras sen executar son dos anos 2019, 20 e 21, por un importe global de 1.340.000 euros. Entre esas obras atópase a primeira fase das instalacións deportivas en Mondego por importe de 723.792 euros. A concelleira expulsada da Alternativa, que hoxe é alcaldesa, era a responsable de levar adiante esas obras.

En definitiva, trátase dunha incomprensible deixadez de xestión administrativa, pero sobre todo dun caso de vergoñenta torpeza política, xa que son Gobernos que se demostran incapaces de xestionar diñeiro que, chegado desde outra administración, e que non son quen de executar cando eses mesmos concellos solicitaron esas obras para a súa veciñanza.

A Deputación está obrigada a esixir que se xustifiquen os investimentos e se non retirarlles as subvencións por inútiles e ineficaces.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas