Home A Coruña Mayte Silva, veciña de Oroso, gaña a segunda edición do Concurso de...

Mayte Silva, veciña de Oroso, gaña a segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”

- Anuncio -

O segundo premio foi para Francisco Boo (Narón) e o terceiro para Beatriz Camacho (Cidade Real)

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira, vén de facer entrega dos premios da segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”, certame convocado pola propia asociación en colaboración coa Asociación de Amigos El Camiño Inglés e a Deputación da Coruña. Unha iniciativa á que se presentaron un total de 87 imaxes, 22 das cales serán recollidas pola Asociación para organizar unha exposición itinerante que percorrerá durante 2023 os dezaseis municipios polos que discorre esta ruta xacobea.

O primeiro premio foi para Mayte Silva, veciña de Oroso, pola imaxe “Ir e vires”, unha imaxe tomada hai un par de anos cando fixo o Camiño Inglés canda a familia e amizades. Como anécdota, recoñece que presentou a fotografía “o derradeiro día do concurso, tras ver un aviso no Facebook”. O segundo premio foi para Francisco Boo, veciño de Narón, pola proposta “As cores do mosteiro”, unha imaxe do espectáculo de luz no cenobio de San Martiño de Xuvia (O Couto); e o terceiro foi para Beatriz Camacho, veciña de Cidade Real e ausente na entrega de premios, por “Renacer entre la bruma”, que recollía unha mouteira entre a néboa.

Os premios consistiron nun trofeo e un diploma conmemorativos, canda bonos de 150, 100 e 50 euros a canxear en calquera establecemento de aloxamento e restauración do Camiño Inglés incluído na Rede Stelar, a rede de excelencia e atención ao peregrino promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Manuel Mirás felicitou aos gañadores por participar “nunha iniciativa coa que buscamos aumentar a visibilidade do Camiño Inglés e poñer en valor todos os bens patrimoniais, paisaxísticos, etnográficos, gastronómicos e culturais”. Neste sentido, convido aos gañadores a asistiren o ano que vén a próxima edición de Primavera no Camiño, que terá lugar en Abegondo, e a sumarse ás exposicións itinerantes que se organicen coas 22 imaxes máis votadas do certame.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas