Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación urbanizará os terreos nos que se construirá o novo centro...

A Deputación urbanizará os terreos nos que se construirá o novo centro de saúde de Montederramo

- Anuncio -

Nun encontro no Pazo Provincial, Manuel Baltar avanzou ao alcalde, Antonio Rodríguez, que a Deputación tamén formará parte deste proxecto en colaboración coa Xunta de Galicia e o propio Concello

O presidente do goberno provincial felicitou ao rexedor “por unha nova que vai mellorar os servizos sanitarios da veciñanza; un logro baseado nun piar esencial da xestión pública como é a cooperación entre administracións”

O rexedor agradeceu unha colaboración “que nos permitirá contar cunhas modernas instalacións e sen compartir espazos con outras actividades”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, co que analizou diversas liñas de colaboración entre ambas administracións, con especial atención ao proxecto de construción do novo centro de saúde do municipio.

Manuel Baltar avanzou ao rexedor que a Deputación tamén formará parte do proxecto, en colaboración coa Xunta de Galicia e o propio Concello, facéndose cargo da urbanización dos terreos nos que se situará esta nova dotación sanitaria, cooperación que quedará ratificada mediante a sinatura dun convenio.

O presidente do goberno provincial felicitou ao alcalde de Montederramo “pola consecución dunha nova infraestrutura que vai mellorar os servizos sanitarios da veciñanza”, destacando que se trata dun novo logro “baseado nun piar esencial da xestión pública como é a cooperación entre administracións”.

Antonio Rodríguez agradeceu a colaboración da Deputación nun proxecto “que nos permitirá contar cunhas modernas instalacións e sen compartir espazos con outras actividades”. O alcalde sinalou que o Concello xa ultima os trámites para a adquisición da parcela, “que despois cederemos á Xunta e será urbanizada pola Deputación, antes de iniciar os traballos de construción”.

Os terreos nos que se situará o novo centro de saúde, supervisados xa polos técnicos da Xunta, contan cun espazo edificable de máis de catrocentos metros cadrados, o que permitirá construír unhas instalacións catro veces máis grandes que as actuais, que teñen trinta anos de antigüidade.

Relacionadas

A Deputación destina 100.000 euros ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable na...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez asinou o convenio de colaboración co museo vigués para a posta en marcha neste 2024 de exposicións como as de...

A Deputación pon a disposición do Concello de Ponte Caldelas o programa +Renovables, para...

0
O deputado provincial Javier Tourís mantivo un encontro de traballo co alcalde, Andrés Díaz, co fin de que a cidadanía da vila coñeza os...

A Deputación reúnese coa Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse en Santiago de Compostela coa Directora Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial,...

A Deputación homenaxeará o movemento veciñal do Baixo Miño cun encontro este sábado en...

0
A institución provincial celebra a sexta xornada do programa +Convivir tralo seu paso polos concellos de Poio, Cambados, Cuntis, A Estrada e Mos A Deputación...

A Deputación consegue o primeiro certificado S de Sostibilidade Turística para unha oficina turística...

0
A Marca Sostibilidade Turística, promovida polo Instituto para a Calidade Turística Española, certifica o traballo da oficina do Palacete das Mendoza na súa contribución...

A Deputación leva este sábado a Pazos de Borbén e A Cañiza o circuíto...

0
“Elas”, de Vero Rilo, representarase no Auditorio de Pazos de Borbén ás 20:00 horas, e “Chola a it girl”, de Artesa Cía, na Casa...

Publicacións Relacionadas