Home Tabeirós A Estrada Non compartimos o entusiasmo do alcalde para converter A Estrada nunha vila...

Non compartimos o entusiasmo do alcalde para converter A Estrada nunha vila dormitorio de Compostela

- Anuncio -

Está por ver que a AG-59 supoña o revulsivo económico que anuncia o alcalde, mais do que si estamos seguros no BNG é que vai ter negativas repercusións sobre o comercio local.

No BNG da Estrada non compartimos o entusiasmo do alcalde a respecto da AG-59; xa indicamos no seu momento as graves repercusións ambientais, sociais e tamén sobre o noso patrimonio que terá a construción da autovía a Santiago de Compostela. De feito, fomos o único partido político que presentou alegacións a este proxecto que arrasará elementos patrimoniais (Muíños do Vea) e terras de cultivo (Cora e Santa Cristina de Vea).

Mais unha cousa é estar entusiasmado co proxecto e outra ser imprudente e vender fume. Por unha parte se se respectan os límites máximos de velocidade é materialmente imposíbel trasladarse desde A Estrada ao aeroporto de Santiago de Compostela en 15 minutos como dixo o alcalde. Semella que López está en plena campaña publicitaria para converter A Estrada nunha vila dormitorio. É dicir, A Estrada para durmir, mais non para vivir e traballar, como defende o BNG.

Por outra parte, o alcalde está a vender fume. Está por ver que a AG-59 supoña o revulsivo económico que anuncia o alcalde, mais do que si estamos seguros no BNG é que vai ter negativas repercusións sobre o comercio local. Neste sentido, é bo recordar que durante o confinamento da pandemia en 2020, cando non se podía ir a Santiago de Compostela nada máis que a traballar, as vendas no comercio local disparáronse como nunca antes, precisamente durante a campaña do Nadal. Tendo Santiago de Compostela 4 grandes áreas comerciais non é moi difícil deducir que vai pasar co sector do comercio local en canto se abra a AG-59; de feito xa podemos ver un anticipo nos numerosos baixos comerciais pechados dando un simple paseo polas rúas da vila.

O PP está a exercer de axente comercial das promotoras inmobiliarias, pero non dos intereses da maior parte das veciñas e veciños. Cousa que ao BNG non nos estraña porque é o que caracterizou as políticas da dereita no noso concello, e as consecuencias foron a perda do noso patrimonio material, caída da nosa económica e de poboación. As políticas do PP empobrecen cultural e economicamente o noso concello.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas