HomePontevedraPoioA Aula Cemit de Combarro inicia a súa oferta gratuíta de 2023...

A Aula Cemit de Combarro inicia a súa oferta gratuíta de 2023 con máis de 50 horas de formación durante o mes de xaneiro

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Xulio Barreiro (BNG), sinala que os cursos darán comezo o día 16, pero na semana anterior, entre o luns 9 e o venres 13, a Aula Aberta xa estará operativa de 16.00 a 21.00 horas

A Aula Cemit de Combarro, situada na antiga Escola do Campo, iniciará o ano 2023 ofrecendo máis de 50 horas de formación gratuíta, con contidos pensados fundamentalmente para persoas que teñen interese en iniciarse no manexo das novas tecnoloxías. Se ben os cursos non darán comezo ata o luns 16 de xaneiro, as instalacións xa estarán abertas desde o día 9. Desde entón e ata o venres 13, a Aula Aberta estará a disposición da veciñanza, con cita previa, de 16.00 a 21.00 horas.
Posteriormente, o horario será de 19.30 a 21.00 horas.

Con respecto aos ciclos, o primeiro será sobre iniciación á informática, do 16 ao 20. Nas mesmas datas tamén se impartirá o curso de utilización do programa de follas de cálculo LibreOffice Calc para iniciados e iniciadas. Esta sesión contará cunha específica para persoas con nivel medio na semana 23 ao 27. Nesas datas tamén se poderán anotar veciños e veciñas interesadas en iniciarse na utilización de Internet. Asemade, do luns 30 de xaneiro ao xoves 2 de febreiro haberá un curso sobre a utilización do correo electrónico. Nese propio luns, e ata o venres 3, as clases serán sobre o Scribus, un programa informático para o deseño de carteis e folletos. A programación completarase cunha sesión sobre videoconferencias on line, o venres 3. Todos os cursos se desenvolven en dúas franxas horarias: de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas.

A programación de 2023 estrearase logo de que durante o ano que está a piques de rematar a Aula Cemit contase con máis de 500 usuarios e usuarias, que se viron beneficiados pola ampla oferta da que dispón este servizo, con máis de 700 horas anuais, entre cursos gratuítos e Aula Aberta. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, o nacionalista Xulio Barreiro, lembra que todas aquelas persoas que estean interesadas en anotarse nalgún destes curso poderán facelo enviando un correo electrónico á dirección cemit.poio@xunta.gal. Toda a información relacionada con estas actividades pódese consultar no perfil da Aula Cemit en redes sociais ou chamando ao número de teléfono 986770001 (extensión 1321).

Publicacións Relacionadas