Destinará 60.000 euros a financiar o proxecto de acollida, valoración e resposta inmediata da Cruz Vermella en Ourense e 66.000 euros a subvencionar o desenvolvemento de actividades extraescolares nos colexios
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión desta mañá o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Cruz Vermella Española. O acordo ten como finalidade financiar o proxecto de acollida, valoración e resposta inmediata desta entidade en Ourense, ao que o Concello destinará unha achega de 60.000 euros. Tamén se aprobou o convenio entre o Concello e a Federación Provincial de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Centros Públicos de Ourense para subvencionar o desenvolvemento de programas e actividades educativas extraescolares nos colexios de ensino público de Primaria e Infantil do Concello de Ourense, cunha achega municipal de 66.000,00 €.
Na reunión de hoxe, que tivo lugar no salón de plenos do Concello, aprobáronse un total de 17 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais:
Licenzas (5)
Conceder unha licenza para obras de demolición parcial nun inmoble na rúa Camiño Soutosanín
Conceder unha licenza de obra para a mellora das condicións de accesibilidade, mediante a instalación dun ascensor, nunha edificación na rúa Cabeza de Manzaneda
Conceder unha licenza de obra para mellorar a accesibilidade dun inmoble na rúa Ponte Codesal
Conceder unha licenza de obra de mellora das condicións de accesibilidade, mediante a reforma do portal e a modernización do ascensor, nun edificio na rúa Francisco de Moure/Vila Real
Declarar que 2 parcelas na rúa Paspallás xa contan con licenza de segregación.
Servizo de Rehabilitación (3)
Outorgar definitivamente as subvencións a 3 actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas ARRU da cidade:
obras de cambio de fiestras, instalación de tarima con manta illante, colocación de falso teito e pequena remodelación da distribución da cociña dun edificio de vivendas na Urbanización Grupo Santa Bárbara, dentro da ARRU O Polvorín – As Camelias – A Carballeira (6ª fase), por un importe de 5.117,00 €.
obras de substitución de cuberta, reparación de galería e reforma do cuarto de baño nunha vivenda unifamiliar na rúa Amendo, na ARRU do núcleo de Seixalbo (12ª fase), por un importe de 16.807,54 €.
obras de substitución de 5 portas balconeiras nunha vivenda na rúa Hernán Cortés, na ARRU do Centro Histórico de Ourense (17ª fase), por un importe de 7.531,95 €.
Servizos xerais (1)
Recoñecer unha obriga por un importe de 514,22 euros
Educación (2)
Aprobar o Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Federación Provincial de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Centros Públicos de Ourense (FANPA), para subvencionar o desenvolvemento de programas e actividades educativas extraescolares nos colexios de ensino público de Primaria e Infantil do Concello de Ourense. Apróbase tamén o gasto por un importe de 66.000,00 €
Recoñecer unha obriga polo importe de 14.511,33 euros relativa ao servizo de limpeza e desinfección de centros educativos
Xuventude (1)
Corrección de erros no contido do acordo da Xunta de Goberno do 22 de decembro que aprobou o convenio regulador da subvención nominativa á Asociación Xuvenil Amencer para gastos da actividade do Campamento Urbano “Cidade de Ourense“. Corríxese unicamente o NIF da asociación.
Asuntos sociais (2)
Recoñecer unha obriga de 1.283,25 euros, por alugueiro dun local
Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e Cruz Vermella Española para o financiamento do Proxecto de Acollida -Valoración e Resposta Inmediata no Concello de Ourense, consonte a subvención nominativa recollida no vixente orzamento municipal. Apróbase e disponse o gasto a favor da Cruz Vermella Española por un importe de 60.000 €
Avogacía Consistorial (3)
Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo nos procedementos derivados interpostos por unha particular, por lesións causadas por unha caída nun parque na rúa Río Mao, e por unha empresa, relativo a unha factura.
Dar conta do decreto ditado polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense que pon fin a un procedemento ordinario por desistencia do demandante.



