HomeOurenseA estrada de Reza, pechada por desprendemento de terra

A estrada de Reza, pechada por desprendemento de terra

- Anuncio -spot_img

Ás 13.26 h do día de hoxe, a Policía Local de Ourense tivo coñecemento dun desprendemento de terra na estrada de Reza, fronte á depuradora, o cal cortou totalmente a estrada, chegando a arrastrar unha caravana que circulaba polo lugar (sen lamentar vítimas), desprazándoa ata o parque situado á beira da depuradora. Nestes momentos, a estrada está pechada desde Alongos (pola Garda Civil) ata a gasolineira de Reza (pola Policía Local).

Policía Local e bombeiros interveñen tamen a esta hora no túnel de Bobadela e vixían o nivel de auga na marxe do Miño, próxima a inundar a zona termal do Tinteiro. O Tren das Termas non realiza a súa ruta a Outariz.

Publicacións Relacionadas