• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, preguntouse pola constante falta de luz tanto no centro, como nos barrios e parroquias: “Non entendemos nin compartimos esta situación”
• “Teranos que explicar o alcalde se o fai por aforrar ou por falta de mantemento, opcións que non comprendemos. O que non pode ser é que Pontevedra estea ás escuras, precisamente nesta época do ano”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, reclamou información relacionada coa ausencia de iluminación pública que se percibe en diferentes puntos da cidade. O popular, a través de senllas denuncias veciñais, ten constancia que a situación non só dáse no centro da cidade, senón tamén nos barrios e algunhas parroquias.
“Recibimos continuamente queixas, desde diferentes puntos do municipio, advertíndonos que as luces nas súas zonas están apagadas. En lestes momentos, no que as horas de luz redúcense e cae tan pronto a noite non podemos entender nin coñecemos o motivo polo cal o señor Lores apague selectivamente as luces”, explicou o popular.
“O alcalde teranos que dicir se o fai por aforrar diñeiro ou por falta de mantemento, aínda que nós cremos que este Concello podería recortar gastos doutras moitas partidas que cremos innecesarias”, dixo Domínguez. “O que non pode ser é que Pontevedra estea ás escuras. Parece ser que ultimamente ao señor Lores as luces non lles gustan demasiado”.



