Home Pontevedra Campo Lameiro Máis dun cento de veciños e veciñas da Unidade Pastoral de Campo...

Máis dun cento de veciños e veciñas da Unidade Pastoral de Campo Lameiro, algún deles nonaxenario, desafían o mal tempo para gañar o Xubileo

- Anuncio -

Fixeron andando o tramo entre a Alameda e a Catedral entonando varias cancións a medida que completaban o percorrido

Un total de 106 veciños e veciñas pertencentes á Unidade Pastoral de Campo Lameiro, que dirixe o cura párroco Fermín Santiago Iglesias, desafiaron ás inclemencias do tempo e peregrinaron a Compostela, este venres 30 de decembro, para gañar o xubileo.

Saíron en dous autobuses desde a Praza do Concello, en Campo Lameiro, e chegaron á capital de Galicia onde se concentraron na Alameda para partir ata a Catedral. No tramo participaron varios nonaxenarios que desafiaron á choiva e aos seus problemas de mobilidade para chegar ata o sepulcro do Apóstolo. A expedición fixo o camiño cantando para animar o seu andar e afrontar con ledicia e fe o tramo a percorrer baixo unha incesante choiva e forte vento.

Os membros da expedición pasaron pola Porta Santa, visitaron a tumba do Apóstolo, estiveron na Hora Santa e na parroquia da Corticela onde o seu párroco ofreceulles unha completa explicación sobre as distintas etapas históricas e construtivas da Catedral, as peregrinacións e o fenómeno xacobeo que move millóns de persoas.

Os veciños e veciñas de Campo Lameiro ademais de visitar ao Apóstolo, rezaron na Capela da Corticela por todas as persoas enfermas, pola paz no mundo e por todas as familias do municipio.

ENCONTRO CO ARCEBISPO, XULIÁN BARRIO, E CO BISPO AUXILIAR

Durante a súa estancia en Compostela, os veciños e veciñas de Campo Lameiro estiveron co arcebispo Xulián Barrio e co bispo auxiliar Francisco José Prieto Fernández cos que puideron manter unha pequena charla e desexarlles un Feliz Aninovo.

Pola súa banda, o cura párroco da Unidade Pastoral de Campo Lameiro, Fermín Santiago Iglesias, cualificou a experiencia como moi positiva e sinalou que “os veciños e veciñas de Campo Lameiro son fieis á sua palabra e así, desafiando as inclemencias metereólixas e con gran valentía, fixeron a peregrinación desde a Alameda á Catedral nun ambiente de total alegría e esperanza como aqueles peregrinos que camiñan á tumba do Apóstolo Santiago pedindo e rogando con fe”, indicou o sacerdote.

Relacionadas

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

Publicacións Relacionadas