Home Pontevedra Caldas A Deputación dotará a cinco concellos da provincia de novas placas solares...

A Deputación dotará a cinco concellos da provincia de novas placas solares cunha potencia eléctrica total de 121 KW

- Anuncio -

O IDAE revalida a aposta da Administración provincial polas enerxías sostibles e concede una axuda de 134.000 euros para as 11 instalacións solares fotovoltaicas en Caldas de Reis, Catoira, Dozón, Forcarei e Ribadumia

A Deputación de Pontevedra dotará de placas solares a once edificios dos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Forcarei, Dozón e Ribadumia que contarán cunha potencia eléctrica total de 121,04 kW e unha produción anual estimada de 150.081 kW. Para facelo, contará cunha nova axuda do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) de 134.000 euros, o que revalida a aposta da Administración provincial polas enerxías sostibles. En concreto, esta achega enmárcase dentro da medida de instalacións de xeración eléctrica renovable para autoconsumo da convocatoria de axudas para inversións a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (DUS 5000) do Plan de Recuperación. O IDAE financia con esta subvención o 85% destas 11 instalacións solares fotovoltaicas, que serán de autoconsumo con vertido a rede de excedentes, mentres que o 15% restante (25.238 euros) repártese a partes iguais entre a Deputación e os concellos nos que se instalen.

Por concellos, o IDAE concede 47.233 euros para instalar as placas solares na Casa Consistorial Caldas de Reis, cuxa instalación terá unha potencia de 21,76 kW e unha produción anual estimada de 26.658 kW, e no polideportivo e a piscina municipal, cunha potencia de 20,4 kW e unha produción anual estimada de 23.876 kW. No caso de Catoira, con 17.767 euros as instalacións fotovoltaicas situaranse no Colexio Público Integrado, con potencia eléctrica de 10,88 kW e unha produción anual estimada de 12.677 kW, e no Pavillón de Deportes (5,44 kW e produción estimada de 7.023 kW). En canto a Dozón, procederase a colocar novas instalacións na Casa do Concello, con potencia eléctrica de 2,72 kW e produción anual estimada de 7.023 k W, no Centro de Saúde (2,72 kW e produción estimada de 3.478 kW) e no Albergue (10,88 kW e produción estimada de 14.828 kW) cunha axuda de 17.767 euros.

As placas solares coas que se dotará á Casa do Concello de Forcarei, grazas a unha axuda de 9.145 euros, terán unha potencia eléctrica de 8,16 kW e unha produción anual estimada de 10.115 kW. Por último, no concello de Ribadumia as instalacións fotovoltaicas colocaranse na piscina e no Club Náutico, onde contarán cunha potencia eléctrica de 10,88 kW e unha produción anual estimada de 12.081 kW, na Casa da Cultura (10,88 kW e unha produción estimada de 13.227 kW) e no Complexo Deportivo (16,32 kW e unha produción anual estimada de 21.585 kW).

En total, ao longo do 2022, a Deputación recibiu de man do IDAE fondos europeos por valor de preto de preto de 4 millóns de euros que mobilizaron arredor de 3,5 millóns de euros para realizar actuacións nunha vintena de concellos da provincia en materia de eficiencia enerxética e mobilidade sostible.

Relacionadas

O BNG de Vigo critica que o Goberno de Caballero “promete moito pero fai...

0
A fronte nacionalista denunciou no Pleno a permanente inexecución dos presupostos, despois de que o propio Goberno municipal recoñeza no marco orzamentario 2025-2027 que...

O “Día da Xuventude” chega este mércores a Oia coas súas propostas de ocio...

0
Oia acollerá este mércores 1 de maio a programación das actividades formativas e de ocio saudable do “Día da Xuventude” que vén de poñer...

A Deputación colabora co Concello de Baiona na posta en marcha dun novo proxecto...

0
O novo programa céntrase en converter os restos orgánicos dun centro de día local en compost de alta calidade que se empregará para cultivar...

Contacontos para bebés con Pablo Díaz na Biblioteca Municipal

0
A cita será mañá martes ás 18 h dentro da programación de “Tui en Letras” Mañá martes, 30 de abril, ás 18 h a Biblioteca...

O concello de Nigrán ofrece este mércores o concerto da Banda de Acordións Metropolitana

0
O Concello de Nigrán ofrece este mércores 1 de maio ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana. A...

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

Publicacións Relacionadas