Comeza ás 18 horas e a entrada ten un prezo de 3 euros
A Illa recupera a súa actividade cultural nesta primeira semana do ano co espectáculo infantil “A Cazola de Lola”, con Tanxarina Títeres. Será mañán día 3 de decembro no auditorio municipal a partir das 18.00 horas e o prezo da entrada será de 3 euros.
Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caíulle un día enriba e non sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese caso que arrastra por todas partes. E atópano raro; ademáis, o seu cazo complícalle a vida.



