HomeO MorrazoMarínA maxia do Nadal continuará este día 5 coa Gran Cabalgata dos...

A maxia do Nadal continuará este día 5 coa Gran Cabalgata dos Reis Magos

- Anuncio -spot_img

A comitiva sairá ás 18.45 horas da Avenida de Ourense, á altura de Nodosa, e fará o seu percorrido habitual, coa finalización da mesma no Parque Eguren.

A Cabalgata dos Reis Magos de Oriente será, un ano máis, un dos maiores atractivos para os cativos e cativas de Marín. As súas Maxestades farán a tradicional ruta na tarde do 5 de xaneiro, que sairá ás 18.45 horas da Avenida de Ourense, á altura de Nodosa.

O lugar onde rematará a Cabalgata este ano será o Templo Novo, onde se instalará o Belén Vivinte, organizado polo Concello de Marín e a Asociación Os da Caña.

Outras actividades

Antes da Cabalgata, aínda teremos varias datas. O mércores, día 4, ás 17.30 horas, haberá Cine de Nadal no Cine Seixo, con entrada libre até completar aforo.

A maiores, o propio día 5, ás 12.00 horas haberá animación infantil na Alameda e ás 16.30 horas, Festival de Reis en Ardán, na Casa de Cultura de Carballido-Ardán.

Tamén, ás 20.00 horas, realizarase o sorte dun xamón entre as compras realizadas na Feira de Artesanía de Nadal instalada na Alameda.

Publicacións Relacionadas