Home Pontevedra Salceda estudia a posibilidade de solicitar a declaración de “zona catastrófica”

Salceda estudia a posibilidade de solicitar a declaración de “zona catastrófica”

- Anuncio -

O concello atendeu numerosas incidencias nestes últimos días

Salceda de Caselas estudia a posibilidade de solicitar a declaración de zona catastrófica por parte da Xunta de Galicia e o Consello de Ministros ante os danos producidos pola incesante acumulación de precipitacións destes últimos días, que provocaron numerosas incidencias en todas as parroquias do municipio.
Dende o concello realizouse unha primeira avaliación dos danos que se produciron. As inundacións afectaron a diferentes lugares de todo o termo municipal, producíndose derrubes, danos en vías e camiños, na rede de alumeado público, redes de telecomunicacións, instalacións municipais, ademais de inundacións en baixos de vivendas unifamiliares e de edificios comunitarios.
Víronse afectadas especialmente as sendas polo desbordamento dos ríos Landres e Caselas, con numerosos danos.
A zona máis afectada foi a zona industrial de O Cerquido, que estivo anegada de auga durante toda a xornada, podendo restablecerse o tráfico na estrada N550 a primeira hora da mañá de hoxe. Numerosas empresas resultaron afectadas mirándose, algunhas delas, obrigadas a paralizar a súa actividade.
A alcaldesa Verónica Tourón sinalou que nestes momentos é importante atender ás urxencias provocadas polos danos ocasionados ante as persistentes choivas ao mesmo tempo, que avaliar os danos e estudar distintas posibilidades, como a de solicitude de declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas