Os veciños de Vilaboa estiveron toda a noite do 31 de decembro en albas debido aos danos que as choivas causaron en lugares como Sabaxáns, Vilar -onde calou unha árbore- ou mesmo pola caída dalgún muro en Borrateiros.
O PP insiste na falta de previsión e mantemento por parte do concello para facer fronte a estas situacións.
Ademais indican que o concello carecía dun plan de actuación cando, igual que o resto de galegos, sabían da alerta establecida para esa noite e aínda así seguiron a súa lei do mínimo esforzo.
Na mesma liña, desde o PP de VIilaboa denuncian que a estes danos, afortunadamente só materiais e sen lamentar danos a algún veciño, súmanse os problemas de rede de sumidoiros e volve dar problemas a todos os sectores afectados pola deficiente rede de sumidoiros e as súas continuas verteduras.
O PP lamenta a nula organización deste alcalde que “nin está, nin se lle espera porque onde hai problemas non hai unha cámara para fotografarlle, nin música para que poida bailar mentres ninguén asume o control do Concello”



