HomeO MorrazoMarínA senda peonil de Bagüín a Seixo inicia o tramo final de...

A senda peonil de Bagüín a Seixo inicia o tramo final de execución das obras

- Anuncio -spot_img

Nestes momentos, trabállase no tramo que vai sobre o Pozo da Revolta, que será unha pasarela para preservar o espazo, de alto valor histórico. En total, estanse a investir cerca de 700.000 euros.

A senda peonil que unirá Bagüín e Seixo e que suporá unha importante mellora da mobilidade e a seguridade viaria nesta zona tan concurrida, especialmente na época do verán, retomou a semana pasada as súas obras para poder entrar xa na fase final de execución.

O itinerario, que é unha actuación que está a levar a cabo a Xunta de Galicia, ten un percorrido de 940 metros de distancia e irá por toda a marxe dereita da estrada, diferenciada polo formigón coloreado que lle caracteriza. Ademais, dentro da obra inclúese a mellora do acceso á praia de Aguete.

O proxecto tivo que incluir unha modificación para poder salvar un espazo de valor histórico do noso concello como é o Pozo da Revolta, un lugar de homenaxe aos represaliados da Guerra Civil. Deste xeito, ideouse unha pasarela superior que é a que se está a acometer agora.

Está previsto que a senda estea rematada no mes de marzo e deste xeito unirase a outros itinerarios peonís similares habilitados pola Administración autonómica no noso Concello, como son as sendas que conectan Vilaseca e Lapamán, na PO-551, ou a de Coirados a Pardavila, na PO-313.

Na actuación de Bagüín-Seixo realizouse unha inversión de 700.000 euros, incluíndo o custo das expropiacións.

Publicacións Relacionadas