Home Lugo A Mariña Occidental Verxeles reclama ao Goberno Municipal o cumprimento da mocion aprobada do BNG

Verxeles reclama ao Goberno Municipal o cumprimento da mocion aprobada do BNG

- Anuncio -

As xuntanzas que programa o BNG nas diferentes parroquias do concello baixo o lema “cóntallo ti”, facilitan á veciñanza o encontro en persoa cos membros da formación nacionalista e a súa portavoz, Míriam Bermúdez. Nesta ocasión, a veciñanza que acudeu ao “Contallo ti” en Xunqueira, reclamou a mellora dunha vez por todas da zona de Verxeles.

Hai xa dous anos, en novembro de 2020, o BNG rexistraba unha moción en pleno para cambiar a situación de abandono e desastre urbanístico na que se atopa a zona de Verxeles, que suma abandono e falta de planificación nas poucas actuacións que aqui se levaron a cabo, traendo como resultado un lamentábel e perigoso estado das beirarúas, esvaradías e totalmente irregulares en anchura e desnivel. Varios veciños asistentes afirmaron que “en Verxeles é complicado até andar, producíndoses numerosas caídas e accidentes, tamén para entrar aos garaxes os coches rascan defensas e baixos”.

Míriam Bermúdez non puido máis que confirmar as palabras da veciñanza e asegura “que se quedaron cortos, con beirarúas sen continuidade e aparcamentos co asfalto levantado, a terra ou ser ordenar nin pintar”. Tamén destacou a “baixa visibilidade que teñen os vehículos cunhas entradas e saídas que non se colle en ambas direccións, sen visibilidade e que provocan encontros repentinos e inesperados.”

“Faise necesario estudar a posibilidade de establecer como sentido único o remate da Travesía Verxeles á súa saída pola Carnizaría de Xunqueira, onde se une coa Avenida Xunqueira, pois o remate deste vial é estreito non permitindo o encontro de dous vehículos”, afirma Míriam Bermúdez, así como tamén “a esta situación hai que sumar o descontento da veciñanza pola ubicación dos colectores do lixo, ao lado da fonte de Xunqueira e os bancos, nos que se reúnen as persoas tendo que aguantar malos olores ademais da contaminación visual que provocan.

Polo exposto solicitaremos no vindeiro pleno do 10 de xaneiro o seguinte:

Se informe se se ten feito o estudo para rehabilitar a zona de Verxeles así como a búsqueda de fondos.

Se cambien de ubicación os colectores do lixo da fonte de Xunqueira.

Se estude a posibilidade de establecer como sentido único, entrada ou saída, a Travesía Verxeles.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas