HomeOurenseO alcalde presentará unha querela esta semana contra o PSOE por acusalo...

O alcalde presentará unha querela esta semana contra o PSOE por acusalo falazmente de “despilfarrar” fondos municipais en “xantares de luxo co seu staff”

- Anuncio -spot_img

“Cre o ladrón que todos son da súa condición”, asegura Gonzalo Jácome, quen explica que pagou do seu peto os gastos que di o grupo socialista

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentará unha querela por calumnias contra o grupo municipal do PSdeG_PSOE no Concello de Ourense por acusalo falazmente de “despilfarrar” fondos municipais “en xantares de luxo co seu staff”. Esta acusación está recollida nunha nota de prensa difundida no día de onte polo grupo socialista, na que afirmaba que “mentres a cidadanía fai contas para chegar a fin de mes, o alcalde non ten reparo en despilfarrar o diñeiro de todas e todos en xantares de luxo co seu staff”.

“Cre o ladrón que todos son da súa condición”, manifestou esta mañá Pérez Jácome, “o PSOE, que gastou diñeiro de todos os ourensáns en gin-tonics entre 2011 e 2015, ten a desvergoña de acusar de gastar diñeiro público a quen pagou do seu peto os gastos que din”, en relación á cena de Fin de Ano co grupo América e o xantar con Omar Montes, que menciona o grupo socialista na súa nota de prensa. O alcalde prepara xa a querela por calumnias contra o grupo do PSOE, que presentará mañá, xoves, no xulgado.

Publicacións Relacionadas