Home Pontevedra A Paradanta As Raíñas e Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias de Covelo...

As Raíñas e Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias de Covelo antes de chegar ao centro urbano

- Anuncio -

As carrozas desfilarán no centro urbano arredor das 18:30 horas para logo visitar a residencia da terceira idade e trasladarse ao pavillón municipal para compartir un chocolate quente mentres os pequenos e as pequenas xogan nos hinchables

A comitiva das Raíñas e Reis Magos de Oriente visitará cada unha das parroquias do Concello de Covelo para repartir ilusión o día 6 en cada recuncho. Deste xeito, a raíña e o rei Melchor sairán de Fofe ás 16:30 horas para chegar a Piñeiro ás 17 e visitar Barcia de Mera ás 17:30 horas. Ás 18 horas repartirán maxia en Casteláns e, de seguido, trasladaranse á praza Mestre Cerviño de Covelo.

O séquito real de Melchor comezará o seu percorrido na Graña ás 16 horas para continuar visitando Campo ás 16:30 horas, Godóns ás 17 horas e San Salvador de Prado ás 17:30 horas para xuntarse ás 18:30 horas na praza Mestre Cerviño co resto dos reis e das raíñas de Oriente.

O rei e a raíña Baltasar saudarán á veciñanza de Prado da Canda ás 16:30 horas para chegar á Lamosa ás 17 horas, a Paraños ás 17:30 horas e ás 18 horas a Santa Mariña. A continuación farán a súa chegada ao centro urbano arredor das 18:30 horas.

No seu percorrido, raíñas e reis de Oriente realizarán pequenas paradas nos locais da hostalaría para felicitar o ano e espallar os seus mellores desexos ao seu paso, ademais de agasallar doces que tamén entregarán a todas as cativas e cativos que se acheguen a darlles a benvida o pavillón municipal de Covelo.

Na praza Mestre Cerviño desfilarán nas súas carrozas reais e visitarán ás e aos nosos maiores da residencia da terceira idade para deixarlles un cariño en forma de flor. De alí irán ao pavillón municipal onde atenderán a a todas e todos os cativos que, xunto coas súas familias, desfruten do día de Reis xogando nos hinchables e degustando un chocolate con rosca.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas