HomeO MorrazoMarínTivo lugar a Comisión informativa de Facenda, para presentar a todos os...

Tivo lugar a Comisión informativa de Facenda, para presentar a todos os grupos, o proxecto de orzamento do concello de Marín para este ano 2023

- Anuncio -spot_img

Hoxe tivo lugar a Comisión informativa de Facenda, para presentar a todos os grupos, o proxecto de orzamento para este ano 2023.
Un orzamento que en liña cos orzamentos de anos anteriores, vén reflectir a realidade económica deste concello, cunhas contías sensiblemente superiores, que son fiel reflexo dos recursos que se prevén obter neste concello ao longo deste ano, e os cales son os que se poden xestionar, nin máis nin menos.
Un orzamento que ascende 15.250.929,75.-€ superior aos 14.895.099,40-€ do último orzamento, por tanto 355,830,35.-€ máis.
Por tanto increméntase nun 2,39% en relación ao ano anterior.
A pesar da conxelación de impostos e taxas que veñen mantendo desde hai máis de 12 anos, increméntase sensiblemente, pola maior recadación nalgúns impostos e taxas, e sobre todo por un incremento nos ingresos procedentes da participación de Tibutos do Estado así como o incremento de achegas por parte da Xunta de Galicia.
En canto aos ingresos, aproximadamente o 49% provén tanto das Taxas e Impostos directos e indirectos do Concello ( 7,401,444.-€ aproximadamente ) , sendo o resto do 51% proveniente de Ingresos da Participación nos Tributos do Estado e da Xunta ( 7.823.905.-€ ).
En canto aos gastos, podemos destacar que no capítulo de persoal, este ascende a 6.310.552.-€, o que supón o 41,38% do orzamento.
En canto ao gasto corrente, ascende a 8.284.394.-€, supoñendo case o 55,% do total do orzamento.
Neste gasto corrente, en liña con orzamentos anteriores, reducíronse ao máximo todos aqueles gastos superfluos, e con todo incrementáronse aqueles que realmente repercuten directamente nos nosos veciños, pretendendo mellorar e satisfacer as principais necesidades que se demandan, tratando de mellorar aínda máis os servizos de mantemento, obras e limpeza.
Mantendo e incrementando sobre todo as partidas máis sociais do orzamento, mellorando a nosa atención aos servizos sociais, e ao mantemento e mellora dos centros educativos, así como o mantemento das nosas praias, o noso rural, e un coidado especial dos nosos parques e xardíns así como do medioambiente.
No que se refire ao gasto social, este tense incrementado todos os anos desde o ano 2011, sendo a día de hoxe, practicamente o triplo que fai 11 anos.
Preséntase un proxecto de Orzamento para o exercicio 2023, realista que se enmarca nun escenario de crise, sendo primordialmente económica cunha inflacción á alza, o que xera sobre todo un incremento dos custos de servizos, obras e subministros, debido sobre todo pola alza dos custos de enerxía e carburantes e que obriga á optimización, mediante aplicación de criterios de eficiencia e eficacia na asignación dos recursos dispoñibles coa finalidade de obter un bo resultado orzamentario na súa execución.
Xa no orzamento do ano anterior, viuse incrementado de forma considerable o gasto corrente para paliar esa alza dos prezos e mesmo se duplicaron as partidas destinadas a asumir o incremento das subministracións enerxéticas.
Como xa comentamos anteriormente, levamos máis de 12 anos conxelando as taxas e impostos neste concello, a pesar de ter un orzamento moi limitado.
Aínda así, cremos que non é o momento para proceder a unha subida dos mesmos e cargar máis nos petos dos nosos veciños, polo que seguiremos xestionando practicamente cos mesmos recursos, máis servizos e cun maior custo.
Continuamos na senda de execución dos proxectos financiados na súa totalidade ou cofinanciados por outras administracións como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a través dos Fondos Europeos, facendo de Marín unha cidade sostible, creando espazos públicos de calidade para o uso e goce dos cidadanos.
O inicio das obras do centro socio cultural, ou do colector do río Lameira e a finalización da humanización da Praza do Mercado en Seixo son exemplo diso.
En xeral, desde o Concello de Marín sempre se apostou por traballar conxuntamente, con lealdade institucional co resto de administracións dos niveis supramunicipais, debido a que cos recursos dos que dispoñemos, non temos unha gran capacidade de investimento en obras de calado.
Por iso, para poder levalas a cabo debemos facer un importante traballo de xestión, de elaboración de proxectos e propostas sólidas e con visión estratéxica para o municipio, que nos permitan conseguir fondos doutras institucións.
Nesa liña de traballo, seguiremos durante o 2023 porque de maneira illada non podemos conseguir os obxectivos de crecemento e evolución que nos gustaría cumprir para Marín.
Mellorando a través dos investimentos en eficiencia enerxética nas obras proxectadas, reducindo o consumo de enerxía, elaborando e tramitándo proxectos a través do Plan de Mobilidad (PMUS), do Plan de Tráfico e do Plan de aparcamentos, coa ampliación da zona MARES Marín de estacionamento limitado a 2H, coa consecución de aparcamentos alternativos en zonas e enclaves que posibilitan apoio para poder manexarse camiñando, e finalmente coa posta en marcha da concesión para a execución e explotación dun aparcadoiro subterráneo no Parque Eguren.
Investimentos derivados de mellorar as conexións con proxectos que parten do centro urbano, tratando de liquidar ese nó de arranque entre a Praza de España, a Rúa do Forte cara ao vial de praias e mellorando ese corredor costeiro.
Proxecto que se executará con cargo ao Plan de Sustentabilidade Turística, unha proposta centrada no turismo verde, co que poderemos canalizar proxectos esenciais nesta materia para Marín, que nos axudará tamén a facilitar a creación de novos carreiros naturais e a restauración ambiental no Lago Castiñeiras ou á renovación da sinaléctica turística, poñendo o foco nas novas tecnoloxías, así como tamén para a creación de piscinas naturais no bordo litoral da Praza de España no inicio do Paseo Alcalde Blanco.
Apostando claramente pola xestión de mecanismos de Smart Cities, mellorando a información, a administración electrónica e engadindo ferramentas que posibiliten aplicar esa mellora á mobilidad.
Rexenerando espazos, tratando de facer campañas que posibiliten o impulso do pequeno comercio, con actividades de dinamización, culturais, deportivas, eventos que traten de influír positivamente na hostalería, como eixo vertebrador, facilitando zonas de terrazas, con actividades dinamizadoras tanto para veciños e visitantes.
En definitiva un orzamento moi axustado e acorde coa realidade económica deste concello.
Cremos que debería de ser un orzamento maior, @teniendo en cuenta a dimensión, os servizos e demandas do noso concello, pero que entendemos que non é o momento de incrementar máis ingresos, e por iso optamos por conxelar un ano máis tanto as taxas como os impostos.

Publicacións Relacionadas