Home A Coruña A Xunta concede máis de 500.000€ nun préstamo sen xuros ao concello...

A Xunta concede máis de 500.000€ nun préstamo sen xuros ao concello de Val do Dubra para a rehabilitación da antiga Tellería de Bembibre

- Anuncio -

 Esta medida enmárcase no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

 Ángeles Vázquez lembra que xa se levan concedidos préstamos por importe de máis de 17,73 M€ para financiar preto de 80 actuacións en case 40 municipios

A Xunta de Galicia concedeu máis de 500.000 euros nun préstamo sen xuros ao Concello de Val do Dubra para a rehabilitación da antiga Tellería de Bembibre e a súa contorna, segundo o acordo asinado recentemente pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, José Manuel Varela.

Esta medida enmárcase no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Así, segundo lembrou Ángeles Vázquez, os préstamos concedidos ao abeiro desta iniciativa, que deberán ser reintegrados polo municipio nun prazo de 8 anos, teñen por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio.
Neste caso, a actuación prevista é a rehabilitación da Tellería de Bembibre, unha edificación dun gran valor simbólico, para convertela nun espazo que albergue as funcións de museo, centro social e cultural así como coworking.
Durante a sinatura deste convenio, a conselleira lembrou que a través deste fondo de cooperación para a rehabilitación, cuxa primeira convocatoria foi no ano 2017, concedéronse préstamos por importe de máis de 17,73 millóns de euros para financiar preto de 80 actuacións en case 40 concellos galegos.

Cómpre salientar que este fondo se financia con cargo ás fianzas de alugueiro depositadas no IGVS, cuxa devolución aos depositarios está plenamente garantida. As cantidades devoltas polos concellos pasan a integrarse novamente no fondo para que poidan ser reutilizadas en novos préstamos.
Ademais, a través deste instrumento de financiamento, a Xunta contribúe a facilitar aos concellos as actuacións subsidiarias de rehabilitación nos casos en que os propietarios dos inmobles desatendan as súas obrigas, dado que a normativa vixente permite aos municipios actuar subsidiariamente e despois reclamar aos propietarios o importe das actuacións realizadas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas