HomeXunta de GaliciaLete Lasa confía en Rubén Fernández como gran protagonista na tempada 2023...

Lete Lasa confía en Rubén Fernández como gran protagonista na tempada 2023 da categoría raíña do Motocross Mundial

- Anuncio -spot_img

_Ratifica o apoio do Goberno galego á carreria deportiva de Rubén Fernández que nos últimos dous anos recibiu máis de 20.000 euros en axudas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu na mañá de hoxe ao piloto de motocross Rubén Fernández que rematou a tempada 2022 no oitavo posto da máxima categoría mundial MXGP. O mandatario galego destacou o grande nivel do motociclismo galego e, nomeadamente, o do motocross con dous galegos competindo na categoría raíña e co lucense Jorge Prado acadando, este mesmo ano a terceira posición xeral.

Lete Lasa destacou asemade a excelente campaña do piloto vigués que acadou dous terceiros postos e chegou a transitar na terceira posición xeral a inicio de ano. Do mesmo xeito, felicitou a Rubén Fernández pola súa nova fichaxe polo equipo Honda Racing Team do vixente campión Tim Gasjer o que o converterá “nun dos grandes protagonistas da tempada 2023”.

Por último, o mandatario galego ratificou o apoio do Goberno galego á carreria deportiva de Rubén Fernández que nos últimos dous anos recibiu máis de 20.000 euros en axudas.

Publicacións Relacionadas