HomeDeputaciónsDeputación OurenseA provincia de Ourense promocionarase como “destino MICE” en Fitur 2023

A provincia de Ourense promocionarase como “destino MICE” en Fitur 2023

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organiza como acto central das súas presentacións na Feira Internacional de Turismo de Madrid o xoves 19 ás 11:00 horas, “Ourense provincia MICE, Colle Velocidade”, evento que contará coa participación do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar

Ademais, o Inorde dispoñerá de espazos na axenda da caseta de Galicia para presentar os proxectos dos dous xeodestinos que xestiona comezando esta nova edición de Fitur o mércores, 18 de xaneiro, co “Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras, Terras que Saben” e o venres, 20 de xaneiro, finalizarase con “Terras de Celanova-Serra do Xurés, inmersión natural”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará, na Feira Internacional de Turismo en Madrid, “Ourense provincia MICE, Colle Velocidade” co obxectivo de achegar ás empresas e profesionais turísticos, así como á prensa especializada, a capacidade que ten Ourense como sede de eventos, congresos e reunións nesta edición de Fitur que reforza a sección dedicada, precisamente, ao turismo MICE.

A través desta presentación, que terá lugar o xoves, 19 de xaneiro, ás 11:00 horas, o goberno provincial pretende mostrar neste foro profesional, un dos principais segmentos turísticos que maior potencial de crecemento e impacto económico pode ter na provincia, sobre todo, asociado á conectividade ferroviaria que ten Ourense ao ser a porta de entrada a Galicia da Alta Velocidade.

Ademais do acto central da provincia, o Inorde organiza tamén no marco de Fitur 2023, a presentación dos dous xeodestinos que xestiona este organismo. Por iso, o mércores, 18 de xaneiro, ás 13:00 horas, serán presentados os obxectivos do “Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras” e o venres 20 de xaneiro, as 15:30 horas, presentarase “Terras de Celanova-Serra do Xurés, inmersión natural”. Todos eles celebraranse na caseta de Galicia, no pavillón 9: parcelas 9C07/9C09.

Os interesados en asistir a algunha destas presentacións deberán confirmar a súa asistencia, dado que o aforo ás mesmas está limitado, a través do correo electrónico comunicacion@inorde.com.

Fitur 2023

A Feira Internacional de Turismo celebrarase do 18 ao 22 de xaneiro en IFEMA Madrid, cunha estimación de crecemento do 15% en todos os seus parámetros e que se situará en cifras de participación moi próximas ao seu récord histórico. A Feira tamén está pensada para fortalecer as relacións de negocio, polo que dedica os seus tres primeiros días exclusivamente ao B2B (do 18 ao 20 de xaneiro), focalizando tamén a súa proposta B2C durante a fin de semana.

FITUR, a única gran feira internacional de turismo que se celebrou ininterrompidamente, centrarase en catro grandes eixos: a sustentabilidade, a especialización, a innovación e as tendencias de vangarda, aliñados co obxectivo da feira de contribuír á dinamización e o crecemento da actividade turística.

Nesta edición, xunto á participación das empresas, países e destinos, FITUR ofrecerá un percorrido por dez grandes seccións, entre elas, e como novidade, estréase FITUR Sports, que en colaboración coa Asociación Española de Fabricantes e Distribuidores de Artigos Deportivos AFYDAD, destacará o potencial do turismo deportivo como impulsor do desenvolvemento turístico sostible. Ademais, reforza a sección FITUR Cruises dedicada ao “turismo azul”, cun gran abanico de propostas B2B e B2C para o encontro da industria de cruceiros cos portos, os destinos turísticos, e o público, e FITUR Mice, coa súa axenda de encontros profesionais para o turismo de reunións, que amplía o seu campo de acción para acoller tanto ao comprador corporativo como ao asociativo.

Publicacións Relacionadas