Tras facer entrega dos avais ante o C.O.C., Adrián Arias Carracelas foi proclamado candidato a presidir Novas Xeracións de Marín. Estes avais foron entregados no día de onte ante o Comité Organizador do Congreso, cumprindo así os prazos fixados na convocatoria do Congreso. Arias fixo entrega de 31 avais, superando amplamente a cantidade mínima necesaria para poder formalizar a súa candidatura.
O Congreso, no que se levará a cabo o proceso de elección do novo presidente de NNXX de Marín, terá lugar o sábado, día 21 de xaneiro ás 18:00, no Museo Manuel Torres de Marín.



