Home A Barcala A Baña A Xunta reforza as instalacións deportivas no concello da Baña cunha achega...

A Xunta reforza as instalacións deportivas no concello da Baña cunha achega de 40.000 euros para novas pistas de Pádel

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe as melloras realizadas no pavillón polideportivo de Lañas

— Dáselle así cumprimento ao convenio de colaboración asinado o pasado ano co Concello para fomentar a práctica do deporte en infraestruturas de calidade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, visitou hoxe o pavillón polideportivo de Lañas, no concello coruñés da Baña, para comprobar as melloras realizadas co apoio da Xunta e que permitiron a construción de dúas pistas de pádel. A obra supuxo un investimento de 48.000 euros, dos que o Goberno galego achegou 40.000 e o Concello, 8.000.

Segundo sinalou Diego Calvo, a través desta iniciativa a Xunta quere facilitarlle á veciñanza da Baña a práctica deportiva nun espazo axeitado, que contribúa ademais a impulsar o aproveitamento do polideportivo municipal.

Dáselle así cumprimento aos obxectivos do convenio de colaboración asinado o pasado ano co Concello para a reestruturación das instalacións, coa creación das pistas de pádel. As obras consistiron na nivelación do pavimento e no levantamento do recinto para a colocación dunha estrutura autoportante con frontes de vidro temperado e puntos de iluminación con focos LED.
O vicepresidente segundo incidiu na aposta do Goberno galego pola creación de novas instalacións deportivas e a mellora das existentes, para o que se investirán neste ano 18M€ nas catro provincias galegas. Búscase así fomentar o deporte base e poñer á disposición da cidadanía infraestruturas municipais que lles garantan servizos de calidade a todos os galegos, con independencia do seu lugar de residencia.
Para Diego Calvo, a colaboración coas administracións locais para o fomento do deporte no ámbito municipal permite darlle resposta ao crecente interese da sociedade na práctica deportiva. Nesta liña, recoñeceu o labor do Concello da Baña como impulsor deste proxecto que lle facilita á veciñanza a posibilidade de levar unha vida saudable.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas