HomePontevedraPoioAdxudicada a creación da nova conexión a pé entre a Ruta dos...

Adxudicada a creación da nova conexión a pé entre a Ruta dos Muíños de Samieira e a PO-308 á altura do Laño

- Anuncio -spot_img

• A Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida polo socialista Gregorio Agís, é a impulsora desta actuación, que supón unha primeira fase dentro dun proxecto global que contempla vertebrar o tránsito peonil desde o núcleo da parroquia ata a praia e a senda costeira

• O orzamento destes traballos iniciais ascende a preto de 77.000 euros, IVE engadido, que se financian a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Nas vindeiras semanas darán comezo os traballos para a posta punto da nova senda peonil, emprazada á beira do rego da Freiría, na parroquia de Sameira, que servirá para dar vida a un enlace peonil entre a estrada PO-308 á altura da recta do Laño e a emblemática ruta dos muíños existente nesta parroquia. Trátase dunha actuación que foi impulsada desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida por Gregorio Agís (PSdeG-PSOE). O propio Agís pasou revista este mércores ao estado da zona, acompañado polo responsable de Obras e Servizos, o tamén socialista Julio Casás.

Os traballos serán acometidos pola empresa Servicios Medioambientales del Miño Sociedad Limitada, logo de que a Xunta de Goberno Local aprobase a súa adxudicación con un orzamento que ascende a un total de 76.225,18, IVE engadido. Tal e como lembraron os dous edís do Goberno municipal, esta actuación finánciase a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O feito de dar vida a esta conexión supón, en palabras de Gregorio Agís, “un paso decisivo na nosa aposta por desenvolver unha rede de camiños sostibles en contornas como esta de Samieira, na que existen grandes atractivos como a ruta dos Muíños ou a praia do Laño”. O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo salienta, asemade, que, ademais da importancia que ten este enclave pola súa capacidade para atraer a visitantes e turistas amantes da natureza e do sendeirismo, o proxecto sirve para vertebrar o núcleo de Samieira coa PO-308. “Agora existirá unha nova alternativa para que as veciñas e veciños da parroquia poidan desprazarse a pé por esta zona”, explicou

Esta actuación supón unha primeira fase dun proxecto global, no que tamén se aposta por ampliar esta conexión ata a propia praia do Laño e o paseo marítimo colindante. Os traballos adxudicados centraranse nunha extensión próxima aos 200 metros, entre a estrada e o final da ruta dos muíños. Procederase ao desbroce e limpeza da senda, así como ao acondicionamento do regato nalgúns tramos.

Publicacións Relacionadas