HomePontevedraA UNED de Pontevedra pon en marcha un novo curso para ensinar...

A UNED de Pontevedra pon en marcha un novo curso para ensinar a escribir un bo guión cinematográfico

- Anuncio -spot_img

Esta actividade formativa impartirase entre o 13 de xaneiro e o 17 de febreiro nas instalacións de Monte Porreiro.

O Centro Asociado da UNED en Pontevedra mantén aberto o prazo para inscribirse no curso titulado “Como escribir un guion cinematográfico? II. A creación de personaxes e os diálogos”, que se impartirá en liña, en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro entre os días 13 de xaneiro e 17 de febreiro. Esta actividade impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 vinculados á educación de calidade.

O curso está dirixido por María Dolores Fernández Pérez, profesora titular do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Didácticas Especiais da UNED e como coordinador do mesmo figura o responsable do departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra, Rafael Cotelo Pazos. Intervirá como relator a xornalista Yolanda Cruz López, diplomada en Cinema, profesora e directora do Festival Visualízame.

Esta actividade formativa está principalmente dirixida a estudantes de Humanidades, Filoloxía, Historia, Audiovisuais, Artes Escénicas, Comunicación, Dirección Cinematográfica, Ciencias da Educación, Ciencias da Información, etc. Tamén a profesores universitarios e outros profesionais do ensino ademais da todos aqueles interesados na escritura, no estudo do cinema e nas súas posibilidades educativas e/o profesionais.

OBXECTIVOS DO CURSO

Os obxectivos fundamentais do curso son producir ideas que permitan atopar ao personaxe; elaborar a historia do personaxe e utilizala para carácterizar ao mesmo e os diálogos entre eles.

O guion está considerado en si un xénero literario. Coñecer as súas técnicas de escritura permite ampliar a creatividade e desenvolver historias para soportes audiovisuais. Así, con este curso procurarase incentivar que a escritura do guion cinematográfico, televisivo ou radiofónico, teña unha historia previa para ser narrada e, coa posta en execución dunhas técnicas narrativas concretas, esa historia poida ser trasladada a este rexistro.

Para desenvolver este curso seguiranse as propostas dalgúns dos máis destacados teóricos actuais do guion como Robert McKee ou Linda Seger, así como as propostas dalgúns dos máis prestixiosos guionistas como Billy Wilder, Alfred Hitchcock, Luís Buñuel e Rafael Azcona.

Nesta II parte do curso de guion, aínda que pode realizarse de modo independente da primeira, completarase a formación coa aprendizaxe do deseño literario e a creación dos personaxes e os diálogos cos que verbalizan a súa presenza na historia.

Durante as sesións de curso profundarase na creación dos personaxes, caracterizándoos con voz propia e distinguible. O complemento imprescindible para alcanzar a coherencia do guion que se queira levar a cabo.

Publicacións Relacionadas