Home Pontevedra Caldas Catrocentos atletas participarán este domingo na XXII Carreira Popular de Pontecesures, solidaria...

Catrocentos atletas participarán este domingo na XXII Carreira Popular de Pontecesures, solidaria con Cáritas

- Anuncio -

O Concello fai un chamamento a atletas e veciñanza para colaborar mediante a achega de alimentos non perecedoiros ao punto de recollida solidaria que Cáritas emprazará na Plazuela para comedores sociais

Un total de catrocentos atletas participarán na XXII Carreira Popular de Pontecesures, que terá lugar este domingo 15 de xaneiro a partir das 11:00 horas. Un evento que pechou na noite de onte as súas inscricións e no que a totalidade da recadación será doada a proxectos de auxilio e protección a persoas que participan nos programas de emprego e comedores sociais de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

“A maiores, o propio domingo Cáritas instalará un punto de recollida solidaria na Plazuela, saída e meta de todas as probas, onde todas as persoas que o desexen poderán colaborar mediante a achega de alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados. Dende o Concello facemos un chamamento a atletas e á veciñanza á colaboración, pois todo o entregado será destinado a comedores sociais”, apunta a concelleira de Deportes, Laura Villar. Unhas achegas que se sumarán á recadación polas inscricións nas categorías júnior e máster, ás aportacións realizadas a través do Dorsal Solidario e á publicidade das empresas patrocinadoras da proba.

Restricións o domingo

A XXII Carreira Popular de Pontecesures terá lugar este domingo 15 de xaneiro nun circuíto urbano, con saída e meta na Plazuela. Por esa razón, o Concello de Pontecesures informa de que estará prohibida a circulación de vehículos, tanto de entrada como de saída, en todo o centro urbano dende as 9:00 ata as 14:00 horas, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen utilizar os seus vehículos deberán facer a saída antes das 9:00 horas. Así mesmo, estará prohibido estacionar en tres rúas (San Luís, Carlos Maside e Patifas) na mesma franxa horaria (de 9:00 a 14:00 horas).

A maiores, entre as 10:00 e as 12:15 horas, haberá cortes temporais de tráfico naquelas rúas afectadas polo circuíto da carreira absoluta, polo que o paso estará cortado ao paso dos corredores polas rúas San Luís e Sagasta, Travesía Feira do Automóbil, Avenida Eugenio Escuredo, rúas A Coba e Calera, subida ao Campo, rúas Fontaíña e Caldeirón de Abaixo, Praza Valeiros, avenida dos Namorados, O Souto (entrada polo Candil e saída á rúa Deputación), e rúas Deputación e Portarraxoi, para volver á rúa San Luís.

Dende o Concello de Pontecesures solicitan desculpas polas molestias e rogan a todos os veciños e veciñas que respecten a sinalización e as indicacións da organización para garantir a seguridade da proba.

Horarios carreira

A entrega de dorsais realizarase na mesma praza a partir das 9:30 horas (en caso de choiva, no centro social). A proba dará comezo ás 11:00 horas coa carreira absoluta, onde as persoas participantes darán unha ou dúas voltas a un circuíto urbano, percorrendo así 4 ou 8 quilómetros. Ás 11:45 horas será a quenda dos infantís (sub 14) e cadetes (sub 18), que percorrerán 1,5 quilómetros. Os alevíns (sub 12) e os benxamíns (sub 10) afrontarán un percorrido de 1 km, ás 12:00 e 12:15 horas, respectivamente. Finalmente, os pitufos (nados en 2016/2017) e os biberóns (nados en 2018 e posteriores) percorrerán 450 e 150 metros, respectivamente, ás 12:40 e 12:40 horas.

O Concello de Pontecesures entregará trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas no 4k e no 8k, categorías masculina e feminina, así como á persoas participante de máis idade de ambas modalidades. Os tres primeiros clasificados das categorías escolares recibirán medallas. Ademais, toda a rapazada participante nas categorías biberón e pitufo (de ata 6 anos) recibirán cadansúa medalla. Finalmente, haberá premios en metálico para os clubs de 300, 200 e 100 euros, máis trofeos; e todas as persoas que participen na proba recibirán cadansúa camiseta técnica.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas