Home Pontevedra Caldas O BNG elixe por unanimidade a Natalia Camiña para encabezar a candidatura...

O BNG elixe por unanimidade a Natalia Camiña para encabezar a candidatura en Cuntis co obxectivo de lograr un futuro mellor para as veciñas e veciños

- Anuncio -

A responsábel local do BNG, Dores Chedas, destaca a súa xuventude, formación, capacidade de traballo, gañas, ilusión e coñecemento do concello.

A candidata nacionalista, Natalia Camiña, aposta por poñer en valor os numerosos recursos de Cuntis, prestarlle a atención debida ás parroquias, e impedir que se continúen deteriorando os servizos públicos

A Asemblea local do BNG de Cuntis refrendou por unanimidade a proposta do Consello local de que Natalia Camiña encabece a lista ás vindeiras municipais en Cuntis co obxectivo principal de traballar para que Cuntis abandone o declive que dos últimos anos e que, aproveitando ao máximo os seus recursos e potencialidades, encarrile a senda dun futuro mellor e con máis posibilidades.

Natalia Camiña é natural de Pena de Vilabar, na parroquia de Troáns, onde vive, ten 24 anos, é graduada en Química e traballa na actualidade nunha fábrica de Cuntis..

A asemblea nacionalista destaca a súa formación, capacidade de traballo, compromiso, ilusión e gañas para traballar por facer de Cuntis un concello con futuro. Neste sentido, a responsábel local do BNG, Dores Chedas, quixo poñer en valor, a súa mocidade, a súa entrega e o seu compromiso para traballar por un futuro mellor para Cuntis. “A súa xuventude, formación e coñecemento de Cuntis fan dela a mellor persoa para liderar o proxecto do BNG para as municipais”, afirmou a responsábel nacionalista..
“Cuntis non pode resignarse a seguir esmorecendo lentamente”, afirmou a candidata nacionalista, Natalia Camiña, que incidíu en que “o noso concello non pode seguir perdendo poboación e recursos, temos que traballar con intelixencia e ilusión para poñer en valor os numerosos recursos de temos, defender con máis forza os nosos servizos públicos fronte ao deterioro e desmantelamento dos últimos anos (un bo exemplo témolo no centro de saúde), e prestarlle a atención debida ás nosas parroquias, as grandes esquecidas do actual goberno municipal”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas