HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela amosou o seu profundo pesar e o da Corporación Municipal ante...

Cubela amosou o seu profundo pesar e o da Corporación Municipal ante un novo accidente mortal na N-541

- Anuncio -spot_img

• O alcalde pregúntase “cantos accidentes e falecidos ten que haber para que non se nos acuse de oportunismo político?”.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, manifestou en nome da Corporación Municipal o seu máis profundo pesar polo falecemento en accidente de tráfico dun motorista que circulaba esta mañá pola estrada nacional N-541 ao seu paso pola parroquia de Tenorio.

Jorge Cubela mostrou a súa total solidariedade coa familia e amigos do motorista sinistrado e púxose á súa total disponibilidade para o que consideren oportuno ao mesmo tempo que agradeceu novamente aos servizos de emerxencia, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, Garda Civil, etc. a súa actuación profesional e dilixente para intentar salvarlle a vida á persoa que sufrio este novo fatal accidente.

Por outra banda, Jorge Cubela, a raíz deste novo suceso luctuoso pregúntase “cantos accidentes e falecidos ten que haber para que non se nos acuse de oportunismo político?”.

Publicacións Relacionadas