Home Pontevedra Comezan as obras da II fase da piscina municipal de Salceda de...

Comezan as obras da II fase da piscina municipal de Salceda de Caselas

- Anuncio -

O concello de Salceda puxo en marcha esta semana as obras da II Fase da reforma e ampliación da piscina municipal.

Esta actuación, que está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2022-2023 consistirá na ampliación e reforma dos vestiarios ascende a 135.177,81€.

Os novos vestiarios serán totalmente accesibles e contará tamén cunha importante mellora na súa eficiencia enerxética coa instalación de placas fotovoltaicas na súa cuberta.
Con esta II fase completarase a reforma integral da piscina municipal de Salceda, que xa se iniciou o ano pasado coa reforma dos dous vasos e da zona de praia.
Rubén González Coto, concelleiro de Deportes: “Co inicio da execución desta II Fase avanzamos cara a consecución dunha reforma integral da piscina municipal, que permitirá que a veciñanza de Salceda poida gozar desta instalación con plenitude, como xa fixo este pasado verán, cunha grande afluencia de persoas usuarias”

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas. ”Seguimos a traballar na liña non so de manter e coidar as nosas instalacións deportivas municipais, senón tamén de melloralas substancialmente para que poidan prestar un servizo de calidade adaptado aos tempos actuais e que sexan un servizo eficiente e respectuoso co medio ambiente”.

Relacionadas

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Publicacións Relacionadas