Home A Coruña O Pleno de Fene aproba por unanimidade a modificación puntual do PXOM...

O Pleno de Fene aproba por unanimidade a modificación puntual do PXOM para delimitar cinco novas zonas de núcleo rural

- Anuncio -

A modificación habilitará solo para construír ata 180 vivendas unifamiliares

A Corporación do Concello de Fene reuniuse esta mañá nunha sesión extraordinaria do pleno municipal que levaba como único punto na súa orde do día a votación da aprobación provisional da modificación puntual do planeamento urbanístico de cara a ampliar o solo de núcleo rural nos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro, nas parroquias de Magalofes, Sillobre e Maniños. A proposta do grupo de goberno, aprobada por unanimidade, ofrecerá a posibilidade de construír ata 180 vivendas unifamiliares, ademais de contemplar usos terciarios para a posta en marcha de pequenos negocios. Para o titular da área de Urbanismo, Manuel Polo, a aprobación plenaria supón “un importante avance no desenvolvemento urbanístico de Fene mentres seguimos traballando nun novo planeamento”.

A modificación puntual dos núcleos onde conflúen Magalofes, Sillobre e Maniños transformará o actual solo urbano e parte do rústico nunha mesma cualificación como solo de núcleo rural, para que toda a zona edificada desa área conte cunha planificación urbanística equilibrada, ademais de permitir a construción de vivenda unifamiliar “nunha parte do noso territorio onde existe unha alta demanda veciñal, onde hai solo suficiente para o seu desenvolvemento poboacional e onde é factible garantir un crecemento sostible, xa que existen servizos básicos suficientemente dimensionados ou previsión de crealos a curto prazo”, apunta Polo.

O concelleiro puxo en valor o feito de que se habilite a posibilidade de construír ata 180 vivendas unifamiliares que, segundo asegurou “é un fito histórico no noso concello e permite corrixir unha eiva tamén histórica do planeamento do 2003, que non prevía suficientemente o crecemento futuro das zonas de transición entre o núcleo urbano e a zona rural”. A modificación, engade o responsable de Urbanismo, “tamén inclúe os usos terciarios correspondentes para a creación de pequenos negocios”.

Polo tamén destacou o “alto grao de consenso” alcanzado en todo o proceso tanto polo apoio unánime colleitado hoxe no pleno municipal como polas achegas formuladas pola veciñanza antes do seu inicio -en decembro de 2021- e tamén despois en forma de alegacións. De feito, o expediente sometido a votación recolle as respostas a todas as alegacións presentadas pola veciñanza durante o período de exposición pública posterior á aprobación inicial da proposta deseñada pola empresa Arqyur.

Neste sentido, desde o Goberno local recórdase que o cambio no planeamento “reflicte o sentir xeral dos veciños e veciñas e tamén atende á maioría das alegacións totais ou parciais que presentaron, referidas a un total de 55 parcelas”.

O acordo adoptado polo pleno municipal refírese á aprobación provisional da modificación puntual do planeamento para ampliar a delimitación de solo de núcleo rural nos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro. O executivo encabezado por Juventino Trigo cualifícao como “un importante avance no desenvolvemento urbanístico de Fene mentres seguimos traballando nun novo planeamento adaptado á realidade actual e futura do noso territorio”.

Superado o trámite plenario, a modificación seralle remitida á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que se pronuncie ao respecto. Se non hai informe en contrario -algo pouco probable, dado que o documento conta cos informes sectoriais preceptivos- a modificación entrará en vigor no prazo máximo de tres meses.

Relacionadas

O Rexenera Fest e o comercio enchen Carballo de cor

0
A Concellaría de Promoción Económica pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial coincidindo co décimo aniversario do festival internacional de arte públicaO...

O incombustible grupo madrileño Los Secretos actuará no San Xoán nunha xira caracterizada polos...

0
O venres 31 de maio presentaremos a programación completa das festas patronais de Carballo, que este ano celebraranse do 19 ao 30 de xuño Unha...

Incendio nun vehículo estacionado nun aparcadoiro público, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 23:30 horas da noite de onte, venres 24 de maio, dun...

O Concello de Carballo incorpora ao orzamento unha nova partida do remanente de tesourería...

0
O 44% do investimento vai destinados á ampliación da rede de parques infantís que representan a filosofía “Carballo para a infancia”Despois da incorporación de...

O Xeoparque Cabo Ortegal celebra o seu primeiro aniversario

0
Unha ateigada Casa da Cultura de Valdoviño acolleu o acto central da conmemoración do primeiro aniversario da declaración do Xeoparque Cabo Ortegal como Xeoparque...

Incendiado un vehículo no punto quilométrico 555 da A-6 á altura do concello de...

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 15:30 horas desta tarde do incendio nun vehículo na A-6, á...

Publicacións Relacionadas