Home Ourense A Limia Remedios Cid encabezará a lista do PPdeOU en Vilar de Santos

Remedios Cid encabezará a lista do PPdeOU en Vilar de Santos

- Anuncio -

• O presidente provincial, Manuel Baltar, define como “unha gran nova para o Partido Popular de Ourense” a incorporación desta “gran profesional, que coñece Vilar de Santos e que traballa de xeito directo cos veciños”

• “Remedios Cid ten proxecto, ilusión, moita capacidade profesional e política e estou seguro que, acompañada do seu equipo, terá un grandísimo resultado para o PPdeOU o vindeiro 28 de maio”, destaca Manuel Baltar

• A candidata popular sinala a súa vontade de “implementar novos proxectos dentro dun concello que necesita dinámicas innovadoras para aproveitar todas as súas potencialidades”

Remedios Cid Márquez encabezará a lista do PPdeOU en Vilar de Santos nas vindeiras eleccións municipais. O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse esta tarde coa nova cabeza de lista para avanzar nos detalles da candidatura, definindo como “unha gran nova para o Partido Popular de Ourense” a incorporación como candidata en Vilar de Santos de Remedios Cid, “unha profesional cun excelente currículo, vinculada a proxectos sociais, que coñece o concello traballando de xeito directo cos veciños e que é afiliada ao Partido Popular”.

Manuel Baltar sinala de Remedios Cid que “ten proxecto, ten ilusión, moita capacidade profesional e política e estou seguro que o 28 de maio, acompañada do seu equipo, obterá un grandísimo resultado para o Partido Popular de Ourense”.

Pola súa banda, Remedios Cid destaca o “coñecemento das inquedanzas dos veciños dentro do meu contacto directo co territorio” -é a directora do Punto á Atención a Infancia deste concello- e pondera a súa vontade de “implementar novos proxectos dentro dun concello que, considero, necesita dinámicas innovadoras para aproveitar todas as súas potencialidades”.

A candidata amosa o seu “entusiasmo por traballar arreo a prol de Vilar de Santos” e avanza unha das claves do seu futuro programa: “Veño cun proxecto centrado nas persoas, poñendo o foco en todos os veciños do concello ao marxe da súa cor política”.

DÚAS DÉCADAS DE EXPERIENCIA EN PROXECTOS EDUCATIVOS E SOCIAIS
Remedios Cid Márquez (1978) ten o título de Maxisterio na especialidade de Educación Infantil pola Universidade Autónoma de Madrid. Mestrado en Competencias Avanzadas da Educación, suma dúas décadas de experiencia en diferentes proxectos educativos e sociais, sempre enfocados na infancia. Dende setembro de 2020 é a directora do Punto á Atención a Infancia de Vilar de Santos -a gardería deste concello-.

Relacionadas

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luis Menor destaca a xestión e o tratamento da auga da comarca de Valdeorras...

0
O presidente da Deputación de Ourense participou nunha visita ás instalacións da EDAR de A Rúa, onde se lidera o proxecto Ruagua para impulsar...

A Deputación ofrece 25 propostas culturais “diversas e de calidade” dentro da programación semestral...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta infraestrutura cultural como “vital para garantir o dereito de acceso á...

O presidente da Deputación reúnese coa alcaldesa de A Rúa para escoitar as demandas...

0
Luis Menor e María González Albert mantiveron un encontro de traballo na Casa Consistorial de A Rúa para repasar os proxectos de colaboración da...

Recepción no Pazo Provincial aos representantes da plataforma ProCAPD

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta tarde no Pazo Provincial a unha delegación da plataforma ProCAPD, dando así resposta á...

A Real Academia Galega presenta a ‘Guía de apelidos galegos’, unha ferramenta en liña...

0
· O buscador que incorpora a web da RAG rexistra máis de 6.000 apelidos que abranguen o 95 % da poboación galega · Proporciona de...

Publicacións Relacionadas