HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCerdedo-Cotobade únese á central de contratación da FEMP para obter prezos máis...

Cerdedo-Cotobade únese á central de contratación da FEMP para obter prezos máis baratos en enerxía e combustibles

- Anuncio -spot_img

• O Concello é pioneiro na posta en marcha na provincia dunha central de compras de material de construción, eléctricos e formigón que permitiulle aforrar durante o pasado exercizo un 18% pola vía deses conceptos

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, inicia os trámites para incluir ao Concello na Central de Contratación para subministros de enerxía e combustible que ten posta en marcha a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e para o cal xa contou coa aprobación do pasado Pleno Municipal.

Con esta adhesión, o Concello de Cerdedo-Cotobade pretende beneficarse dos prezos maioristas recollidos a través dun acordo marco a nivel estatal pola FEMP que permite conseguir unhas condicións moito máis vantaxosas para os municipios adheridos a este convenio.

Con esta medida, o alcalde Jorge Cubela quere profundizar na transparencia e mellora de prezos para o Concello de Cerdedo-Cotobade iniciada hai uns anos coa posta en marcha da pioneira Central de Compras Municipal que permitiu aforrar en custes relativos a materiais de construción, eléctricos e formigón un 18% durante o pasado exercizo.

Por outra banda, o Concello de Cerdedo-Cotobade seguirá impulsando medidas de transparencia, aforro, libre concurrencia e redución do impacto da inflación nos investimentos municipais a través da Central de Compras Municipal, pioneira entre os concellos de menos de 10.000 habitantes da provincia.

Esta iniciativa, que se puxo en marcha por terceiro ano consecutivo, o goberno local pretende reforzar a transparencia e defender o interese xeral do Concello e dos veciños, xa que a compra dos distintos lotes permitiulle acadar un aforro aproximado dun 18% fronte ao prezo de licitación e frenar así a inflación que está afectando de xeito moi especial a este tipo de materiais hipotecando en gran medida a capacidade operativa dos concellos e representando tamén un problema para a execución das obras contratadas.

SAIU A CONCURSO POR 150.000 EUROS E ADXUDICOUSE EN 123.966,94

Así, durante o pasado exercizo, a Central de Compras Municipal saiu a concurso cun orzamento inicial de 150.000 euros e adxudicouse en 123.966,94 euros distribuidos en tres lotes orientados á adquisición de formigón (20.661 euros, máis IVE), material de construción (82.664, máis IVE) e subministros eléctricos (20.661, máis IVE). Deste xeito o Concello garantiuse un subministro axeitado e áxil ao prezo ofertado segundo as súas necesidades para as brigadas de Obras e Mantemento Eléctrico e sin que poidera influir a posterior variación de costes que impuxo o mercado.

Publicacións Relacionadas