Así o anunciou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que decidiu programar en xuño unhas festas de formato reducido logo de analizar o éxito do ano pasado, deixando claro que a festa por antonomasia de Ourense é o Entroido
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia que este ano o mes de xuño tamén acollerá un formato reducido de festas: “trátase de repetir o éxito que tiveron as actividades organizadas o ano pasado, unha programación enfocada á rapazada, coincidindo tamén co remate das aulas lectivas”. O formato reducido está tamén enfocado ás idades máis novas para que gocen uns días ao inicio do verán.
“Aínda que a festa por antonomasia da cidade é o Entroido, observamos a boa acollida que tiveron o que organizamos o ano pasado, coas orquestras no Progreso, o mercado medieval ou os multitudinarios concertos na avenida de Pardo de Cela”, segundo explica o rexedor.
A seguinte parada no ciclo festivo da cidade é o Entroido, que será a mediados do mes que vén, e para o que xa está aberto o concurso de comparsas do desfile do domingo, día 19 de febreiro.



