HomeOurenseOurense acolle o 54º Campionato de España absoluto individual e por equipos...

Ourense acolle o 54º Campionato de España absoluto individual e por equipos de Karate

- Anuncio -spot_img

Será esta fin de semana no Pazo dos Deportes Paco Paz. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presentou este destacado evento deportivo organizado polas federacións galega e española en colaboración co Concello, a Xunta e a Deputación

A cidade de Ourense converterase na capital do karate ao acoller o Campionato de España absoluto individual e por equipos. Esta competición, que descorrerá entre mañá venres, día 20 e o domingo 22 de xaneiro, acada a 54ª edición desta disciplina deportiva, así como a 10ª na modalidade de parakarate, que tamén se disputará dentro do programa de actividades. O Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá este evento deportivo.

Esta mañá tivo lugar a presentación e o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, estivo acompañado polo presidente da Real Federación Española de Karate, Antonio Moreno, o presidente da Federación Galega, Oscar Lapuente, o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, e o delegado de Deportes da Xunta, Manuel Pérez.

En palabras do alcalde, “é importante para a cidade acoller un evento destas características que sitúa a Ourense no mapa e ademais dálle vida á cidade”. A asistencia ao recinto para seguir a proba deportiva será libre e gratuíta, e ademais poderase ver a través da canle de youtube da Real Federación Española de karate.

Publicacións Relacionadas