Home Pontevedra Deza Taboada buscando a máxima transparencia realizou unha comparativa do aforro que o...

Taboada buscando a máxima transparencia realizou unha comparativa do aforro que o novo goberno de Xuntos está a conseguir cada ano

- Anuncio -

• Un aforro de 540.603,40 de euros en catro anos que Taboada reinviste nos seus veciños e veciñas.

Taboada cansado de escoitar as mentiras que Jesús Otero publica nos medios de comunicación, decidiu achegar estes datos para que todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces saiban canto se aforra anualmente co seu goberno desde o 2019, cabe recalcar que o gasto máis importante do anterior goberno do PP era Jesús Otero que no ano 2018 foi de 55.155,12 euros, (44.623,88 euros de soldo máis 10.531,24 euros á seguridade social), cotizando o máximo para ter a pensión máis alta permitida en España.
Por orde de importancia atopámonos coa súa man dereita e secretario persoal do alcalde José Ramón Otero Rodríguez, cun gasto de 31.227,59 euros, (25.265,04 euros de soldo ao que hai que sumarlle de Seguridade Social 5.962,55 euros), Beatriz Iglesias Sánchez custaba aos cruceños e cruceñas 28.923,64 euros (repartidos nun soldo de 23.401 euro máis 5.522,64 euros de seguridade social), Andres Lareu López 25066,57 euros, dos cales o soldo eran (20.280,40 euros e uns seguros sociais de 4.786,17 euros), Manuel Souto nos últimos anos custaba 15.629,32 euros que é a suma de 12.645,08 de soldo máis 2.984,24 euros de seguridade social, pero aínda continuaban sumándose gastos con asistencia a plenos e outras sesións para Diego Pallares Santos 8.930 euros, Laura Rey Conde 8.790 euros e Jose Luís Villaverde Gestal 8.980 euros.

Sumando estas cantidades o goberno de Jesús Otero custaba aos cruceños e cruceñas 182.702,24 euros, en cambio o goberno de Xuntos son, Julio López cun soldo de 18.200 euros anuais ao que hai que sumarlle unha seguridade social de 4.295,20 euros (22.495,20 euros totais) e Mireya Otero ten un soldo anual de 20.272 euros máis unha seguridade social de 4.784,19 euros (25.056,19 euros), cabe recalcar que o alcalde Luís Taboada non lle custa un centimo ao concello ao non cobrar soldo nin asistencia aos plenos, (0 euros) co que a suma do custo do goberno actual é de 47.551,39 euros, conseguindo un aforro anual de 135.150,85 euros por ano, e que nunha lexislatura de 4 anos o aforro total é de 540.603,40 euros máis de medio millón de euros.
Compre destacar que este aforro se está invertendo en todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces levando a cabo desbroces, bacheos, proxectos, conciliación..etc e non se gastan en simples soldos como o gastaba o PP de Vila de Cruces.

Taboada lémbralle a Jesús Otero que cando Xuntos chegou ao goberno atopouse cun préstamo ao concello de 300.000 euros co Banco Sabadell que pagamos todos os veciños e veciñas pola súa mala xestión, é máis, os números falan por si sós xa que se temos que gastar en avogados, precisamente é para defender a Vila de Cruces de todas as irregularidades cometidas por Jesús Otero, como os 10.000 euros que houbo que pagar a un avogado para que José Ramón (o seu secretario persoal) non quedara fixo de funcionario no concello entrando pola porta de atrás, sen oposición e denunciando ao seu propio xefe para logra o posto, por non falar dos máis de 4.000 euros de avogado por defender os dereitos de Cruces no caso dos Mapas Hilgen etc…, pero a cousa non queda aí, e Taboada aínda segue aforrando diñeiro coas súas xestións, e como exemplo podemos poñer que mentres Otero gastábase 31.227,59 euros no seu persoal de confianza (José Ramón Otero) Taboada soamente inviste 18.000 no seu xefe de comunicación, aforrando ao consistorio máis de 12.000 euros, do mesmo xeito que a arquitecta que entrou grazas a Otero e que houbo que despedir por unha orde xudicial, e que custaba ao concello 39.884,60 cando agora esta contratada outra arquitecta por 18.000 euros o que supón un aforro de máis de 21.000 euros , así que Taboada aconsella a Otero que se centre nos problemas dos veciños, como é o cobrar as facturas polos seus traballos realizados para o concello, e que “el pretendía deixalos sen cobrar” no canto de mentir e enganar continuamente aos seus veciños como fixo os últimos 30 anos.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas