Home O Salnés A Illa de Arousa O parque de calestinia incorpora códigos QR para facilitar a práctica desta...

O parque de calestinia incorpora códigos QR para facilitar a práctica desta disciplina deportiva

- Anuncio -

A área situada xunto ao Edificio de Usos Náuticos conta con 10 elementos ao aire libre

A escasos metros do Edificio de Usos Náuticos e ao aire libre está o area de calestenia coa que o goberno local completa a oferta deportiva do ximnasio municipal, a pleno rendimento desde o inicio deste mes de xaneiro.

O alcalde, Carlos Iglesias; o concelleiro de Obras, Alfonso Salgado e o edil de Servizos, Luis Arosa, supervisaron o remate final dun proxecto no que estaba pendente a colocación dun chan de caucho idóneo para este deporte, ao aire libre para favorecer unha práctica deportiva moi extendida na Illa en contacto co medio natural e nun entorno privilexiado. “Facer exercicio na rúa estase a converter nunha alternativa económica, divertida e saudable”, apunta Luis Arosa, que asegura que A Illa non é allea a esta tendencia entre a poboación máis xoven.

A área conta con 10 elementos de traballo deportivo, dotados cun código QR que indica aos usuarios menos veteranos como utilizalos e que tipo de exercicio se recomenda realizar en cada un deles. Todos son realizados co propio peso corporal, utilizando diferentes aparatos como barras paralelas, dominadas, barras con anels, espaldeira ou bancos abdominais.
As persoas afeccionadas a esta disciplina buscan mellorar a axilidade, a forza física, a flexibilidade, a resistencia, o equilibrio e a coordinación. Por eso, Luis Arosa recomenda esta práctica tamén a persoas maiores que precisen exercicios de baixo impacto.

“O noso compromiso coa promoción de hábitos saudables é absoluto. O parque de calestenia é un complemento máis nun proxecto global que pon a disposición de toda a poboación da Illa recursos gratuitos, como as sendas, para fomentar tanto a práctica deportiva como o sendeirismo e que, ademáis, facilitan a socialización”.

A equipación desta área tivo un coste de 24.000 euros, financiados ao 50 % entre o Concello e os fondos do GDR

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas