HomeVigoBaionaA Concellería de Comercio e Mercados oferta aos comerciantes de Baiona un...

A Concellería de Comercio e Mercados oferta aos comerciantes de Baiona un obradoiro gratuíto de

- Anuncio -spot_img

“Técnicas de Merchandissing en Espazos Comerciais”

A sesión, que se realizará o vindeiro xoves 26 no Multiusos Ángel Bedriñana, é gratuíta e terá unha duración de dúas horas, empezando ás 20:00h.

Co obxectivo de mellorar a competitividade e eficiencia do comercio local, a Concellería de Comercio e Mercados do Concello de Baiona ofrece a un obradoiro de “Técnicas de Merchandissing en Espazos Comerciais”

Durante a xornada, abordaranse temas como: o merchandising en lugares de venda como técnica para atraer a venda; O cliente: o seu comportamento no punto de venda; Principios básicos e elementos de implantación en espazo comercial (Xestión do espazo; Presentación, colocación e etiquetaxe do produto, produtos ganchos; Cor, luz, música, rendibilidade; Espazos:”Puntos quentes” e “Puntos fríos”).

Así mesmo, tamén se abordarán aspectos como a publicidade e animación no lugar de venda (Imaxe corporativa, escaparate, endicadores visuais, principais tipos de carteis), estratexia de Merchandising Visual do espazo e do produto; inventarios e seguimento con clientes ou desenvolvemento virtual aplicado ao pequeno comercio.

Esta iniciativa está orientada aos placeiros, comerciantes, empresariado…en definitiva, a todas aquelas persoas que estean interesadas en sacarlle o máximo partido ao seu negocio.

As persoas interesadas en participar deben confirmar a súa asistencia, ata o día 25 de xaneiro incluido, enviando un email ao correo: concelleria.comercio@baiona.gal

Publicacións Relacionadas