Home O Condado Mondariz Calis preséntase como candidato á alcaldía para sacar a Mondariz dunha situación...

Calis preséntase como candidato á alcaldía para sacar a Mondariz dunha situación de parálise e ineficacia

- Anuncio -

AporM elixe a X. Carlos Montes, Calis, para reilusionar a veciñanza e construír un Mondariz aberto, dinámico e vivo Xoán C. Montes Bugarín -Calis-, portavoz de AporM, vén de ser proclamado pola asemblea de Alternativa por Mondariz como alcaldable de cara ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio. O candidato desta forza municipalista e galeguista intentará recuperar a alcaldía de Mondariz despois de ter sido o candidato á alcaldía máis votado hai agora catro anos, cando o PP votou como alcalde ao candidato do BNG.

Calis pretende recuperar os sinais de identidade do seu primeiro goberno, que puxo á veciñanza no centro da acción política, e terá como obxectivos prioritarios:
1.- Recuperar a participación veciñal, facilitando axudas e financiamento a todas as asociacións veciñais, deportivas e culturais por igual.
2.- Impulsar a igualdade real entre mulleres e homes, favorecendo a participación en política das primeiras, en particular das máis novas.
3.- Defensa do medio ambiente e da reciclaxe de residuos, impulsando o programa revitaliza que se implantou en Mondariz sendo alcalde.
4.- Priorizar a peonalización da vila, regulando o estacionamento e creando rúas amables e seguras para todas as persoas, en particular para as persoas maiores e os nenos e nenas.
5.- Dotar a todas as parroquias dos servizos básicos, en particular do saneamento, así coma dun parque empresarial á beira da estrada que une a vila de Mondariz con Vilasobroso.
6.- Recuperar o servizo de orientación laboral e mellorar a formación de todos os profesionais, en particular dos e das comerciantes e das que buscan a súa inserción no mercado laboral.
7.- Recuperar a colaboración con Mondariz Balneario en mutuo beneficio: saneamento de augas residuais, policía local compartida, maquinaria municipal de uso conxunto, etc.

Preparado e motivado

Calis agradeceu a confianza que os e as militantes de AporM depositan nel e declarou estar “preparado e motivado”, xa que unha parte moi importante da veciñanza de Mondariz de todos os partidos políticos o animou a presentarse de novo “para recuperar a ilusión e reconstruír un concello aberto, dinámico e vivo”.

O candidato comprometeuse a traballar a reo para que Mondariz volva ser un referente de boas prácticas na xestión municipal no ámbito da comarca do Condado.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas