Home Pontevedra Vilaboa pide a inclusión da realidade dos núcleos costeiros na Ordenación do...

Vilaboa pide a inclusión da realidade dos núcleos costeiros na Ordenación do Litoral

- Anuncio -

O goberno local presenta unha alegación ao anteproxecto de Lei para evitar que a Xunta “deixe de novo no aire” a realidade urbanística do municipio

O Concello de Vilaboa vén de presentar unha alegación ao anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia na que demanda unha solución á problemática dos núcleos costeiros, xa que o texto actual deixa de novo no aire unha realidade urbanística que afecta de cheo ao término municipal de Vilaboa.

No texto da alegación César Poza, alcalde de Vilaboa, urxe que se contemple esta realidade local evitando así unha dependencia permanente das administracións con competencias no litoral para solventar cuestións globais que limitan e condicionan o desevolvemento do municipio.

Poza apunta que o texto proposto non dá solución nin recolle a problemática existente nos núcleos rurais tradicionais costeiros, tipoloxía propia da ocupación do territorio nesta área concreta da península e que se atopan espallados por toda a faixa litoral da comunidade autónoma.

“Estes núcleos, a pesares de ter acreditado unha considerable antigüidade e características a conservar e potenciar pola lexislación urbanística, non poden considerarse aos efectos da situación excepcional que outorga a disposición transitoria terceira da lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas, ao non clasificarse expresamente como solo urbano”, argumenta o alcalde de Vilaboa na alegación e recorda que os mecanismos que posteriormente se estableceron desde o Estado para a súa regularización, “deviron en inútiles para o recoñecemento da meirande parte destes núcleos”.

Indica tamén que a pesares do principio da ordenación litoral recollido no artigo 6 do texto, sobre a coordinación entre as diferentes administracións públicas de Galicia, “non se establecen mecanismos de colaboración efectiva entre a administración autonómica e os municipios, que son actores fundamentais no proceso edificatorio e urbanístico tendo en conta o grao de competencias atribuídas aos concellos pola lexislación vixente”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas