Home A Coruña O PP de Cambre denuncia o abndono do servizo de Atención Temperá...

O PP de Cambre denuncia o abndono do servizo de Atención Temperá no concello

- Anuncio -

** A denuncia levará ao Parlamento, para coñecer a razón do deixamento por parte do concello cos 50 menores cambreses afectados e as súas familias.

Desde hai meses, o Partido Popular de Cambre leva denunciando o abandono do Servizo de Atención Temperá no seu municipio. Servizo cuxa competencia na xestión foi asumida polo goberno bipartito de Cambre, que omitiu licitar o contrato do servizo e non o comunicou á Consellería de Política Social e Xuventude, da Xunta de Galicia, de quen recibe a subvención, impedindo con iso avaliar outras posibles solucións.

Para os Populares, resulta incomprensible que o Concello de Cambre reciba fondos da Consellería e non poña en marcha o servizo de maneira inmediata, que afecta a 50 menores entre 0 a 6 anos, servizo vital que ten como obxectivo dar resposta, canto antes, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os menores con problemas de desenvolvemento ou risco de padecelos, nuns anos craves para o seu crecemento.

Ante esta situación de neglixencia, que deixa desamparados aos menores e as súas familias, o Partido Popular levará ao Parlamento de Galicia e ao Pleno de Cambre esta situación, paracoñecer a razón do deixamento nas súas funcións do goberno municipal de Unión por Cambre e do Partido Socialista.

Os populares de Cambre solicitaron en numerosas ocasións ao goberno municipal a súa inmediata intervención, así como o cesamento do concelleiro de Sanidade e Educación, o socialista Miguel Ángel Gutiérrez, por deixamento de funcións que son da súa competencia, ao non ter este servizo en funcionamento para dar unha rápida e eficaz resposta ás familias afectadas, que levan case un ano esperando a ser atendidas.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas