Home O Salnés A Illa de Arousa O concello solicita de novo que a Lei de Ordenación do Litoral...

O concello solicita de novo que a Lei de Ordenación do Litoral recoñeza a singularidade da Illa

- Anuncio -

Presenta unha alegación ao anteproxecto na que pide que se aproveite a oportunidade de recoñecer a realidade do único municipio insular de Galicia

O Concello da Illa de Arousa vén de presentar unha alegación ao anteproxecto da Lei de Ordenación do Litoral de Galicia na que solicita de novo que se recoñeza a singularidade do territorio insular, rematando coas limitacións derivadas da normativa que incide sobre o seu litoral e as cortapisas da súa aplicación práctica.

O goberno local suxire que se aproveite “en positivo, esta nova modificación da Lei para introducir unha cláusula na que se recoñeza a singularidade do único municipio insular de Galicia e non se perda esta nova oportunidade”.

Na alegación o Concello recorda que leva desde a segregación, no ano 1997, pedindo que se recoñeza esta realidade “única e singular dende as normativas tanto autonómica como do estado”, tendo en conta que os valores que definen o territorio de A Illa de Arousa son o litoral e o medioambiente, con recursos como o parque natural de Carreirón ou Monte Palmeira.

O Concello apunta que o solo é na Illa un ben escaso, o que fai que a dotación de novas infraestruturas ou a recuperación dos frontes marítimos, recollidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa normativa actual “vese imposible de executar”. Engade que a Zona Urbana Consolidada ocupa un territorio pequeno e moi compacto, polo que a súa conservación e transformación para que siga existindo como motor social e económico pasa por ter en conta os condicionantes da insularidade e singularidade, “e moitas veces iniciativas para poñer en valor este litoral atópanse con cortapisas xeneralistas que non teñen en conta estes condicionantes”.

A alegación arousana fai referencia tamén ás relacións interadministrativas entre as diferentes administración con competencias no litoral, indicando que o modelo territorial que debe primar nun municipio singular, tanto desde o punto de vista urbanístico como ambiental, “debe ser diverso e equilibrado, que teña en conta unha ordenación territorial suxeita á norma das distintas administracións, complementándoo con todas as actividades que aquí se desenvolven, sen que unhas se antepoñan a outras”.

Engade o escrito de alegacións un relatorio das consecuencias da apertura da Ponte sobre un tecido urbano que se conformou sen coches, con rúas estreitas e sen garaxes e que agora rexistra unha media de 2,5 coches por unidade familiar, a modo de exemplo dun municipio que evolucionou en canto aos sectores productivos e ao modo de vivir pero que segue encorsetado por unhas normativas que obvian a identidade arousana

A redacción dunha nova normativa do calado da Lei de Ordenación do Litoral permite o recoñecemendo da tan demandada singularidade para que a futura lexislación nesta materia se converta nunha ferramenta válida para o desenvolvemento sostible da Illa.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas