Home A Coruña O Concello colabora coa Deputación da Coruña na convocatoria dun curso de...

O Concello colabora coa Deputación da Coruña na convocatoria dun curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería

- Anuncio -

O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá o vindeiro mes de febreiro un curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería impulsado a través da Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local para persoas en situación de desemprego. O Concello de Narón colabora con esta formación poñendo a disposición as citadas instalacións municipais para o seu desenvolvemento.

O alumnado que remate o curso obterá un Certificado de profesionalidade en Montaxe de Mobles e elementos de carpintería de nivel 2, emitido pola Xunta de Galicia e con vixencia en todo o territorio estatal. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do número de teléfono 886 212 131 ou do correo electrónico: magnafor@magnafor.es.

A maiores de ofrecer unha titulación oficial, prácticas en empresas e opción a bolsa esta formación conta tamén cunha serie de módulos complementarios, como ecodeseño, economía circular, restauración de mobles e emprendemento para pequenas empresas do rural, así como visitas a empresas e feiras, complementando ao seu contido e ofrecendo unha formación moi completa ao alumnado. A inscrición é de balde e diríxese a persoas desempregadas que cumpran os requisitos establecidos no proxecto, que terán dereito a percibir unha axuda económica baixo o concepto de estímulo e motivación para a participación nos itinerarios de inserción laboral.

Para acceder a máis información pódese consultar o enlace: https://www.magnafor.es/convocatorias-abiertas/montaje-de-muebles-y-elementos-de-carpinteria/.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

A Popular Faro Roncudo volve bater o seu récord de inscricións e congregará a...

0
 A proba, xa consolidada no calendario deportivo, supera en 80 participantes o seu mellor rexistro, obtido na edición o ano pasado.  Entre os...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

Xornadas con familias: Acompañar no reto de educar

0
Sesión 29 de abril de 2024“ Resolución de conflitos desde a educación emocional”O Concello de Fene, a través dos Servizos Sociais, continúa o programa...

“Abordaxe de conflitos desde a educación emocional” 2024

0
O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se...

Máis de 300 familias coruñesas obteñen praza na rede de Escolas Infantís Municipais

0
Das 446 solicitudes recibidas admitíronse un total de 302, abrindo un prazo de dez díaz hábiles para a achega de documentación ou emenda de...

Publicacións Relacionadas