HomePontevedraO CIM de Soutomaior atendeu durante 2022 as solicitudes de 700 mulleres...

O CIM de Soutomaior atendeu durante 2022 as solicitudes de 700 mulleres da comarca

- Anuncio -spot_img
  • A gran maioría foron consultas de atención psicolóxica
  • O Centro de Información á Muller (CIM) de Soutomaior atendeu as solicitudes de 700 mulleres, non só do propio municipio senón tamén de Pazos de Borbén e Vilaboa, durante o pasado ano. As tres profesionais do centro –axente de igualdade, asesora xurídica e psicóloga– orientan ás usuarias en diversos temas que van desde cuestións legais, principalmente relacionados con custodia de menores e pensións alimenticias, a consultas de atención psicolóxica, atención a vítimas de violencia de xénero e información sobre cursos e actividades.
  • Asi, das máis de 700 peticións recibidas durante o pasado ano, case a metade, un total de 323, centráronse na solicitude de consultas de atención psicolóxica. A continuación, sitúanse as peticións de información sobre cursos, actividades e programas xestionados polo propio CIM cun total de 213. As solicitudes de asesoramento xurídico ascenden ata as 137 consultas mentres que as actuacións de atención a vítimas de violencia de xénero fano ata as 23.
  • A este labor súmase a convocatoria da Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero na que participaron diferentes profesionais implicados na atención ás vítimas de departamentos como a Policía Local, o Xulgado, a Garda Civil e a Subdelegación do Goberno. Ademais, desde o CIM xestionáronse varias axudas destinadas a mulleres, como a prestación de pago periódico ou o pago único, e os servizos de acompañamento para vítimas de violencia de xénero.
  • “Estes datos reforzan o noso traballo e o valor deste centro”, indicou a edil de Igualdade, Cristina González, edila poñendo o valor o número de actuacións e o seu grao de axuda. Do mesmo xeito, a concelleira destacou o esforzo realizado para facilitar a conciliación familiar a través de diversos campamentos infantís en todos os períodos festivos do curso escolar. “Ofrecemos campamentos en Nadal, Semana Santa e durante o verán nos que participan máis dun centenar de nenos e que son de gran axuda para moitas familias”, concluíu.

Publicacións Relacionadas