Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación lanza 900 prazas na nova edición das visitas ás camelias...

A Deputación lanza 900 prazas na nova edición das visitas ás camelias do Castelo de Soutomaior

- Anuncio -

Serán 45 visitas nas dúas modalidades de guiadas e teatralizadas que se realizarán entre o 2 de febreiro e o 30 de marzo

Coincidindo coa súa etapa de floración, volven as visitas ás camelias do Castelo de Soutomaior. A partir do 2 de febreiro e ata o 30 de marzo celebraranse as dúas modalidades destas visitas, guiadas e teatralizadas, polo Xardín de Excelencia Internacional do complexo, cun total de 900 prazas dispoñibles. A presidenta provincial, Carmela Silva, puxo hoxe en valor que a Deputación “segue programando cada día con maior antelación actividades de promoción turística que están conseguindo que teñamos uns resultados extraordinarios na provincia”. As persoas interesadas poderán adquirir os seus tickets a partir do venres 27 de xaneiro na web www.castelodesoutomaior.com.

“As camelias do Castelo. Un Xardín de Excelencia” arrancará o 2 de febreiro coas Visitas Guiadas. Son rutas polos xardíns guiadas por persoal especializado do Castelo e centradas na floración dos distintos tipos de camelia. Contarase a evolución histórica desta especie, así como as variedades máis significativas deste xardín. Serán 17 sesións cun total de 340 prazas (cun máximo de 20 cada unha) e terán lugar os martes e xoves ás 16.30h ata o 30 de marzo. Deste xeito, en febreiro celebraranse os días 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23 e 28 e, en marzo, o día 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30. O prezo é de 3€.

No que atinxe ás Visitas Caracterizadas, de novo estarán protagonizadas por actrices que encarnarán a María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel, que serán as encargadas de amosar os xardíns de Camelia. A continuación, as persoas participantes poderán visitar o Castelo de Soutomaior de maneira autoguiada e gratuíta. Serán un total de 28 sesións con 560 prazas (tamén 2o cada unha), que comezarán o sábado 4 de febreiro e celebraranse as fins de semana de febreiro e marzo, con dúas quendas por día, ás 12 e 16 horas. En febreiro serán os días 4, 5, 11, 12, 18, 19 e 25 e en marzo o 4, 5, 11, 12, 18, 19 e 25. O prezo é de 8€.

Amais de coñecer todas as variedades de camelias do Xardín de Excelencia Internacional do Castelo, así como a súa orixe, coidados e curiosidades, a visita inclúe tamén o percorrido polo “Xardín de Camelia con nome de muller”, que xa inclúe exemplares en honor de María Vinyals, Rosalía de Castro, Bella Otero, Jane Andresen, Sofía Novoa, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega, Jimena Fernández de la Vega e María Casares. As visitas guiadas ofrecen tamén a posibilidade de coñecer á plantación de té de camelia existente nos Xardíns, coa explicación das diferentes variedades de té, a súa historia e os seus principais beneficios.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas