Home Vigo Baiona O PSOE de Baiona destaca que o concello pecha o mandato municipal...

O PSOE de Baiona destaca que o concello pecha o mandato municipal con 15 millóns de euros de investimentos grazas ao novo modelo de Vila Sostible posto en marcha

- Anuncio -

–Dous millóns de euros dos Fondos Next Generation e 6,7 millóns para a reforma do Parador


–Un millón de euros para a remodelación do Pinzón e numerosas actuacións nos barrios e parroquias


–O novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Baiona marca as directrices de todas as obras

O PSOE de Baiona destaca que o concello pechará o mandato municipal con 15 millóns de euros de investimentos grazas ao novo modelo de vila sostible posto en marcha polo goberno local, liderado por Carlos Gómez Prado.
“A pesares da pandemia, desde o concello puxemos os piares da transición hacia un modelo de desenvolvemento sostible. A vila conta cun novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que marca as directrices de todas as actuacións e trátase ademáis dunha ferramenta indispensable para optar a subvencións da UE”, explica o alcalde e candidato socialista á alcaldía.

Baiona foi o primeiro concello do Val Miñor en obter fondos Next Generation da UE, dous millóns de euros a través do Ministerio de Industria para o desenvolvemento do Plan de Sostenibilidade Turística do Concello de Baiona (PSTD).

O proxecto busca desestacionalizar o turismo e facer da vila un destino máis verde, máis competitivo e máis sostible mediante a mellora do seu carril bici, a posta en marcha dun sistema de alugueiro de bicicletas, a creación dun aparcadoiro disuasorio e a humanización do entorno de Santa Liberata.

O pasado outono, anunciáronse case sete millóns de euros para renovar as zonas históricas abertas a veciños e visitantes do Parador de Baiona. “Un fito histórico que garante o futuro da fortaleza e do turismo local”, engade Gómez Prado.

No mandato, os investimentos nas parroquias e os barrios rondan os catro millóns de euros, e tamén neste 2022 comezou a remodelación do Paseo Pinzón, grazas ao convencio de colaboración entre o concello e a Deputación de Pontevedra. É a primeira fase dun plan de reordenación da zona situada entre as praias urbanas da Concheira e A Ribeira.
“Nos últimos meses recuperamos o ritmo, ralentizado en todos os concellos polas consecuencias da pandemia do coronavirus e a crise internacional; temos clara a folla de ruta da Baiona do ano 2030 que desexamos”, remata Carlos Gómez Prado.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas