Home Pontevedra Fernández cualifica de “tomadura de pelo” o novo atraso no campo de...

Fernández cualifica de “tomadura de pelo” o novo atraso no campo de fútbol de Salcedo, “mostra da incapacidade do Concello para facer obras”

- Anuncio -

• O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández lembrou que a recepción dos terreos por parte do Concello produciuse en 2020 e a día de hoxe, “non se moveu nin unha soa pedra”

• En 2021, o Goberno local comprometeuse a dar inicio ás obras: “Non hai obra municipal exenta de atrasos e problemas, pero neste caso, a gravidade do asunto parécenos que excede do tolerable”

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández quixo valorar a situación xerada despois de coñecerse que o Concello volve sacar a licitación a obra do campo de fútbol de Salcedo. “Parécenos unha tomadura de pelo un novo atraso, partindo da base que a recepción dos terreos por parte do Concello produciuse en 2020 e a día de hoxe, seguen tal cal como entón”, explicou o popular. Esta obra prometeuse levar a cabo en 2015.

“As obras do Concello prolónganse tanto no tempo que ata as empresas que participan creban. Ademais, veremos como o custo da obra, pola inflación, será maior agora do que era nun inicio. Quen vai asumir a responsabilidade neste incremento dos gastos?”, dixo o popular.

En 2021, o Goberno local comprometeuse a dar inicio ás obras: “Non hai obra municipal exenta de atrasos e problemas, pero neste caso, a gravidade do asunto parécenos que excede do tolerable”. Cabe lembrar, que á zona aínda non chega a electricidade, “o que provocará aínda máis atrasos na finalización da obra”.

“É algo habitual o atraso das obras do Concello, pero é completamente ilóxico que tres anos despois de que os terreos sexan municipais non se moveu nin unha pedra”, recalcou o concelleiro. “A incapacidade do Concello para facer obras quedou novamente constatada”, rematou.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas