Home A Coruña Ortigueira acollerá un curso formativo de actividades auxiliares en conservación e mellora...

Ortigueira acollerá un curso formativo de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes organizado pola Deputación dá Coruña

- Anuncio -

• Esta formación está incluída no Programa de Emprego Local (PEL) impulsado pola Entidade provincial

• Celebrarase do 22 de febreiro ao 26 de xuño no centro San Roque, en horario de 09 h a 14 h

• Todos os interesados e interesadas poden solicitar máis información ao servizo de orientación municipal a través dos números de teléfono 698 196 697 e 981 400 000, ou a través do correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com

O Concello de Ortigueira será sede dunha das formacións encadradas no Programa de Emprego Local (PEL) da Deputación dá Coruña. Durante este mes de febreiro dará comezo o curso de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
Esta formación, que inclúe prácticas en empresa e certificado de profesionalidade, pretende ofrecer un apoio laboral a todas as persoas á hora emprender un camiño laboral no sector forestal ou para seguir formándose niso.

A data prevista de inicio está marcada para o mércores, 22 de febreiro, e o seu fin presumiblemente será o luns, 26 de xuño. As clases terán lugar de luns a venres, no centro de San Roque, en horario de 09 h a 14 h, e contarán cun número limitado de prazas de 15.

Todos os interesados e interesadas poden solicitar máis información ao servizo de orientación municipal a través dos números de teléfono 698 196 697 e 981 400 000, ou a través do correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas