Home Ourense Baixa Limia A Xunta apoia a posta en valor dos recuros termais do municipio...

A Xunta apoia a posta en valor dos recuros termais do municipio ourensán de Bande

- Anuncio -

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou no acto de presentación do proxecto gañador e finalistas do concurso convocado polo Concello para a construción dun centro termal nos Baños

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, salientou esta mañá o apoio da Xunta de Galicia á posta en valor dos recursos termais do municipio ourensán de Bande.
Fernández Vila, que participou no acto de presentación do proxecto gañador e finalistas do concurso convocado polo Concello para a construción dun centro termal nos Baños, lembrou que a Administración autonómica leva destinados preto de 90.000 euros para colaborar con Bande na realización dos proxectos técnicos e as análises de augas precisas para a declaración da condición de mineiro medicinal e termal das augas procedentes da captación “O Baño”, obtida o pasado verán.
Na súa intervención, o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais lembrou que Galicia conta desde o ano 2019 cunha lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais, que pon en valor este tipo de instalacións. Do mesmo xeito, apuntou que a Administración autonómica volverá convocar a liña de axudas para impulsar os aproveitamentos lúdicos.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Publicacións Relacionadas