Home Deputacións Deputación Pontevedra Presentación do Catálogo da exposición "Cuestión de Tempo" de Román Corbato

Presentación do Catálogo da exposición “Cuestión de Tempo” de Román Corbato

- Anuncio -

A presidenta provincial, Carmela Silva, fixo entrega esta mañá ao artista Román Corbato do catálogo da exposición “Cuestión de tempo”, que o creador e profesor en Belas Artes protagonizou na sala Maruja Mallo da sede de Vigo entre o 28 de xullo e o 19 de setembro de 2022.

Carmela Silva destacou que o catálogo “é unha marabilla, como foi a mostra, unha sorpresa en si mesmo, comezando pola portada e a contraportada que obrigan a entrar e descubrir a marabillosa obra de Corbato e todo o que está aportando á arte e á cultura”. A presidenta fixo fincapé no éxito da mostra e do obradoiro infantil desenvolvido ao redor da mesma, así como na boa relación da Deputación coa Facultade de Belas Artes, onde o creador é tamén profesor: “Para nós a cultura é un eido político fundamental –destacou-. Non se pode entender a polis sen arte. Nunca houbo unha gran civilización ou espazo público no que a arte non fose un elemento transformador da relación humana”.

Pola súa banda, Román Corbato agradeceu a confianza e o apoio da institución provincial á exposición, ao obradoiro e agora á edición do catálogo, “porque fixeron un traballo de coidado desde todos os servizos”. Explicou que o volume, deseñado por Miguel Lomba, “busca incitar a que se abra” e está estruturado en tres partes, xogando “coa propia idea de construción das pezas da mostra”, de xeito que a primeira parte confórmana textos sobre o proceso artístico, a segunda imaxes das obras e por último, figuran os datos técnicos. “Desde que se xestou o proxecto ata hoxe foi un ano de traballo e sentinme moi arroupado”, indicou.

Tanto Carmela Silva como Román Corbato cualificaron o prólogo do catálogo, obra de Ignacio Barcia, docente e ex decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, “como outra obra máis da exposición”. Barcia subliñou o papel de Corbato no centro e amosouse encantado de que o seu prólogo “dalgunha forma contribúa a que se entenda a obra deste artista ou haxa novas lecturas dela, e sobre todo, que se coñeza”.

Relacionadas

Tomiño celebra o Día do Orgullo cun xogo de escapismo ao aire libre

0
A OMIX organizará esta actividade o venres 28 de xuño de 20 a 22 h. Inscricións abertas na web municipal A OMIX de Tomiño conmemora...

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño o vindeiro 14 de maio

0
Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 16.00 a 21.00 horas Tomiño acolle o vindeiro martes 14 de maio unha nova visita dunha unidade...

Redondela incorpora 15 traballadores para os servizos municipais

0
O Concello de Redondela  incorporou 15 novos traballadores. Trátase de dous 2 axudantes para o departamento de electricidade e 10 peóns de obras e...

Redondela celebra o 50º aniversario da Revolución dos Caraveis cunha homenaxe a Durán Clemente

0
O Concello de Redondela conmemora o 50º aniversario da Revolución dos Caraveis (Revoluçao dos Cravos) cun acto que se celebra este xoves, día 9...

O festival Cinema a Pedal anuncia as datas da súa terceira edición

0
• O festival de cinema, deporte e medio ambiente 'Cinema a Pedal', único en toda España, regresa a Nigrán os días 12, 13 e...

Cuntis levará ao vindeiro pleno a nova ordenanza reguladora para o Servizo Municipal...

0
∙ As taxas a aplicar terán en conta factores como o número de efectivos que actúan nas intervencións, o material empregado, o tempo invertido...

Publicacións Relacionadas